Concello de Vilaboa

Entroido de Cobres - Madamas e Galáns

Vista dende o Muelle de San Adrian de Cobres

As Salinas do Ulló

As Salinas do Ulló

Ría de Vigo

Actualidade

Descargar bases.

Taboeiro de anúncios

BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL (PROGRAMAS DE CONTRATACION TEMPORAL PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO A TRAVÉS DE CONTRATOS PARA A MELLORA DA OCUPABILIDADE E INSERCIÓN LABORAL POLAS ENTIDADES LOCAIS DE PERSOAS DESEMPREGADAS E INSCRITAS NA OFICINA DE EMPREGO) PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE VILABOA

O Concello de Vilaboa obtivo unha axuda da Deputación de Pontevedra para contratación de 7 persoas desempregadas por importe de 109.563,65 para contratos de mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.

A solicitude de persoas candidatas farase a través da oficina de emprego de Pontevedra- Bisbarra, tal e como marcan as Bases BOPPO 03/01/2024 Plan + Provincia liña 3 – Activación do emprego 2024, no capítulo III.

Bases

>> Oferta de emprego: 1 Peón forestal

Bases

Lista de persoas admitidas

Normas para o III Mercadiño de Nadal entre os días 22 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, na estrada vella de Paredes.

O Concello de Vilaboa organiza o III Mercadiño de Nadal entre os días 22 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, na estrada vella de Paredes, para acompañar ao alumeado de Nadal que organizan os  veciños e veciñas deste barrio.

O Mercadiño de Nadal consistirá nunha carpa que conterá casetas, nas que poder ofertar produtos de agasallo, artesanía, alimentación e outros, por veciños e veciñas ou entidades do Concello de Vilaboa que de xeito voluntario se presten a participar no mesmo e teñan dedicación de xeito profesional ou afeccionado a fabricación e/ou venda de tales produtos.

Para a realización do mercadiño o Concello pon a disposición das persoas que van a ofertar os seus produtos nesta edición 5 casetas de madeira desmontables, con teito impermeable e superficie a ocupar de 5 metros cadrados, dimensións totais de 2.76 metros de frontal, 2.28 metros de fondo e 1.80 metros de altura, con dúas portas frontais que abren totalmente e equipadas con enganche de luz e toma de corrente. A sexta caseta está reservada para que a comisión organizadora do alumeado de Nadal de Paredes poida ofertar alimentos e bebidas quentes ao público que acuda a ver o mercadiño e o alumeado.

O Concello abre dende o día de hoxe o prazo e ata o 24 de novembro, para que as persoas residentes en Vilaboa que realizan algún tipo de traballo artesá poidan optar a unha destas casetas. A inscrición é a través de e-mail, no seguinte enderezo: dinamizacion@vilaboa.org

As casetas préstanse gratuitamente por parte do Concello e, si existira máis demanda de casetas ca oferta existente, se decidirá o seu outorgamento en rigoroso orde de entrada da solicitude. Tamén se ofrecerá a posibilidade de compartir espazos, como nos anos anteriores, procurando non deixar a ninguén que queira acudir ao Mercadiño fora del. Dado que son un total de 16 días os que vai durar o Mercadiño, tamén será posible que algunhas das persoas interesadas poidan facer instalacións puntuais dentro da carpa e fóra das casetas si non se poden comprometer a manter aberta unha caseta durante os 16 días continuados.

O Concello ambientará, con axuda das persoas participantes as casetas e o mercadiño, con iluminación decorativa e música ambiente e fará promoción en redes sociais para favorecer a participación e que as casetas teñan actividade ao longo de todo o tempo que dura o Mercadiño.

É obriga das persoas usuarias das casetas mantelas nas mesmas condicións en que as reciben ata o remate do Mercadiño de Nadal, como segue:

  • A caseta está baleira, sen mobiliario, que deberá ser aportado polas persoas usuarias.
  • A caseta poderá decorarse cos motivos que cada persoa usuaria considere, sempre e cando esta decoración poida quitarse de xeito sinxelo e non altere as condicións da caseta, por este motivo está prohibido empregar puntas ou pegamentos.
  • Unha vez rematado o Mercadiño a caseta terá que ser desaloxada a máis tardar o día 7 de xaneiro, verificando o Concello o estado da caseta.
  • As persoas usuarias que deixen produtos de valor na caseta durante o tempo en que permaneza pechada ou polas noites, son responsables do seu contido.
  • O horario do Mercadiño de Nadal será en días laborais de tarde, e en días festivos e sábados e domingos de mañá e de tarde, a concretar entre o Concello e as persoas adxudicatarias.
  • Durante este horario, si algunha das persoas usuarias non pode atender a caseta que ten asignada en algunha data, deberá avisar cando menos con dous días de antelación para que o Concello poida atopar unha ocupación alternativa para eses días, evitando que as casetas estean baleiras durante o tempo de Mercadiño.
Procesos selectivos das prazas obxecto de estabilización emprego Lei 20/21, BOPPO 27/12/2022

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para traballador/a social.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para limpador/a.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para educador/a familiar.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para conserxe persoal laboral.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para conserxe funcionario.

>> Relación definitiva de aspirantes admitidas e excluídas para a praza de traballadora social

>> Relación definitiva de aspirantes admitidas e excluídas para a praza de educadora familiar.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para praza de limpador/a. (5 de abril 2023)

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para praza de operario de servizos múltiples. (5 de abril 2023)

>> Relación definitiva de persoas  admitidas e excluídas, para praza de limpador/a.

>> Nomeamento tribunal prazas limpador/a.

>> Nomeamento tribunal  para praza operario servizos múltiples

>> Resolución de Alcaldía: contratación de educadora familiar como persoal laboral fixo.

>> Resolución de Alcaldía: contratación de traballadora social como persoal laboral fixo.

>> Convocatoria exame operario/a de servizos múltiples

>> Resultado baremación praza operario/a servizos múltiples

>> Anuncio relativo ás prazas de limpadora por concurso

>> Resultado baremación praza de operario/a servizos múltiples concurso-oposición

>> Valoración de reclamación praza de operario/a de servizos múltiples

>> Nomeamento para a contratación de operario/a de servizos múltiples

>> Resolución de Alcaldía:  aprobación da bolsa de traballo de limpador/a.

>> Resolución de Alcaldía declarando a os/as limpiadores/as persoal laboral fixo.

>> Resolución de alcaldia  N2023-0993, nomeamento de tribunais.

>> Resolución de alcaldia  N2023-094, nomeamento de tribunais

>> Expediente: 339/2023: Anuncio resultado de baremación

>> Expediente: 341/2023   Resultado de baremación conserxe funcionario

>> Aprobación da bolsa de conserxe como persoal funcionario

Resolución de Alcaldía: Solicitude de ampliación de horario dos locais de hostalaría para a celebración de fin de ano
Auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa.

Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Dita lei establece na súa Disposición adicional segunda que, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Igualmente, deberán publicar a porcentaxe de perda de auga na sede electrónica da administración correspondente.

Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de Vilaboa, calculouse que, a porcentaxe de perda de auga é do 34,47 %.

Bandos e avisos

Notas de prensa

VILABOA ADÉNTRASE NA SEMANA DAS LETRAS CON CATRO ACTIVIDADES GRATUITAS PARA A CATIVADA

Espectáculos musicais, de títeres e contacontos confirman a proposta cultural para nenos e nenas na Casa de Cultura de Riomaior.

.

Vilaboa, 15 de maio 2024. O Concello de Vilaboa entrou de cheo na Semana das Letras cunha programación diaria orientada ao público infantil da man da Rede de Bibiliotecas de Galicia e dentro do programa local Reactiva Vilaboa que busca a dinamización cultural do municipio. Todas as actividades teñen lugar na Casa de Cultura de Riomaior e son totalmente gratuitas.

Este ciclo cultura organizado para coincidir coa celebración das Letras Galegas arrancou este martes co espectáculo infantil “Dúas heroínas voando van” e continuará hoxe con “Alicia no País das Maravillas”, unha recreación para títere baseada no relato de Lewis Carrol e recomendada para cativada a partir dos 4 anos.

Conducidos polo coello branco, os asistentes seguen con expectación as aventuras da pequena Alicia neste mundo onírico e fantástico que late debaixo da terra; alí meréndase coa Lebre de Marzo, o Sombreireiro Loco e o Lirón e xógase ao críquet coa Raíña de Corazóns. Trátase dunha actividade incluída no catálogo de “Ler conta moito”, da Rede de Bibliotecas de Galicia que dará comezo ás 18 horas.

Tamén na Casa de Cultura de Riomaior a poboación infantil ten unha cita coa Bibliocanta o día 16 ás 18.30 horas. Esta actividade está deseñada para que os nenos e nenas se acheguen ao cancioneiro tradicional galego ao tempo que saborean e gozan das cancións propostas; permitindo recupear e que non caian no esquecemento estes ditos, recitados e cancións transformándose de novo nunha forma de ocio e de expresión.

A semana adicada ao público infantil remata o venres 17 de maior cunha sesión matinal que dará comezo ás 12 da mañán con “Leo e a música” na Casa de Cultura de Riomaior. Leo, o león máis curioso da selva, atópase nun paseo con diferentes animais e escoita os seus sons particulares e solicitará a colaboración da cativada para descobrir toda a música que hai ao seu arredor.

As actividades culturais continuarán en Vilaboa o día 21 de maio cunha nova sesión do Salinas Club de Lectura ás 20 horas na BiblioCRA de Vilaboa para analizar a obra “O mar que nos leva” da escritora Moncha Fuentes.

Os estatutos do Salinas Club de Lectura recollen entre os seus obxectivos fomentar a lectura e escritura entre a poboación de Vilaboa e na sociedade galega en xeral, tanto no ámbito rural como no urbano; compartir afición pola lectura tanto de autores galegos como non galegos, en lingua galega e castelán e crear un circuito de autores e firmas que permitan presentalos e coñecelos en persoa, e á vez promocionar a súa obra.

César Poza, alcalde e concelleiro de Cultura, destaca a importancia de organizar actividades ligadas á literatura infantil para fomentar o hábito lector entre os máis pequenos de xeito que relacionen ocio e lectura, un xeito lúdico de formar unha sociedade crítica, analítica e esixente. “Os nenos e nenas que esta semana teñen a oportunidade de asistir a unha boa selección de actividades vencelladas á literatura estou seguro de que serán, de adultos, membros dun club de lectura”, apunta.

AS ACTUACIÓNS DE TREIXADURA E DA ESCOLA DA BANDA DE MÚSICA DE VILABOA ABARROTAN A CARPA DA FESTA DO VIÑO

O xornalista Oswaldo García reivindica no seu pregón a Denominación de Orixe para os viños elaborados na IXP Ribeiras do Morrazo.

Vilaboa, 13 de maio 2024. A XI Festa do Viño de Vilaboa recuperou este ano a figura do progoeiro, que na pasada edición cedeu o seu protagonismo a un acto de homenaxe ao alcalde e tenente alcalde promotores deste evento (Luis Poceiro e Xabier Míguez). Este ano foi o reporteiro de Radio Pontevedra e veciño de A Cardiña, Oswaldo García quen se encargou de pór en valor a calidade dos viños elaborados na IXP Ribeiras do Morrazo. E recoñeceu saber moito das diferentes fases do proceso productivo que conclúe coa produción embotellada e catada nos diferentes furanchos do municipio; aos que tamén se referiu lugares de encontro de referencia social e nos que os temas de debate acostuman a xirar en torno á calidade ca colleita, ás mans de sulfato dadas ou ás dificultades da vendima. Un pregón que rematou co desexo ao sector de conseguir a ansiada Denominación de Orixe para estes viños.

A lectura do pregón tivo lugar trala entrega dos premios e recoñecementos a adegueiros e viticultores recoñecidos na cata da IXP Ribeiras do Morrazo celebrada no contexto da Festa do Viño, un acto presentado pola concelleira de Dinamización Económica, Carmen Gallego e na que o alcalde, César Poza estivo acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera e pola concelleira de Servizos Sociais, María Canosa.

Recolleron a súa distinción as adegas Os Areeiros e Ardán, que compartiron tres ouros na categoría brancos polos seus viños “Areeiros”,  “Tres hermanos” e “Praia do Santo”; mentras que en tintos adega Os Areeiros fíxose co ouro e a prata recaiu  no viño Porta do Conde da adega Ardán.

En canto aos colleiteiros, na categoría dos tintos, o Primeiro Mellor Viño tinto foi para Martín Torres González “Casa Cañoteira”; o Segundo para Furancho Antonio e o Terceiro para Furancho de Jorge mentras que nos brancos o Primeiro foi para Nilda Alvariña, o segundo para Furancho Antonio  e o terceiro para Elisa Ruibal García “Casa da Boullosa”.

César Poza, pola súa parte, destacou a consolidación da Festa do Viño, a boa participación do sector pero sobre todo o ambiente agradable e familiar que se rexistrou durante estes dous días en Riomaior, convertindo o evento nunhas xornadas de confraternidade.

A Escola da Banda de Música de Vilaboa tomou esta mañán o relevo musical ao concerto de Treixadura, que durante a noite do sábado abarrotou o recinto de Riomaior, no que arrancou a súa xira galega 2024 e mesmo adiantou algúns dos temas ainda inéditos do seu próximo traballo. Un detalle que o numeroso público asistente agradeceu con improvisados pasos de muiñeira ao son das gaitas dos integrantes de Treixadura. Unha implicación moi similar á lograda este medio día pola Escola da Banda de Música de Vilaboa, que desperta en toda a veciñanza de Vilaboa un orgullo especial.

CREAN EN VILABOA UNHA ASOCIACIÓN VECIÑAL PARA PROMOVER A CONCENTRACIÓN PARCELARIA

As persoas impulsoras deste colectivo convidan á veciñanza a interesarse e implicarse nesta iniciativa.

Vilaboa, 9 de maio 2024. Un minifundismo extremo, o incremento de parcelas agrarias improductivas, unha masa forestal sen explotación sostible son algúns dos rasgos do territorio vilaboés como consecuencia da evolución demográfica rexistrada nas últimas décadas.

Unha realidade da que parte a recén constituida asociación veciñal Concentración de Vilaboa e que ambiciona promover unha parcelaria en todo o municipio. Tanto Mario Dios, presidente do colectivo, como Daniel Moradiellos, secretario, ven na Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia un reflexo do que está a acontecer en Vilaboa: “Cada vez menos persoas se adican ao traballo da terra o que provoca que se incremente o número de parcelas abandonadas e cada vez é maior a porcentaxe de poboación que se desliga do rural”. Parcelas pequenas, dispersas e polo tanto pouco rendables debuxan un panorama que o novo colectivo quere mudar a través dunha parcelaria que agrupe as terras, tanto agrarias como forestais, como punto de partida para unha maior produtividade.

Hai xa uns meses, a nova asociación sondeu á veciñanza, porta a porta, na parroquia de Vilaboa “e encontramos un interese practicamente total entre as persoas consultadas. E vimos que as súas inquedanzas están perfectamente reflexadas na exposición de motivos das sucesivas leis desenvolvidas pola Xunta nas que falan de pequenas parcelas, dispersas, abandonadas e descoñecidas polas novas xeracións que se alonxan do rural”.

E nese porta a porta, Mario Dios e Daniel Moradiellos encontráronse con que “a xeración dos avós é a que hoxe ten maior interese na concentración parcelaria porque ven que os seus netos non só se alonxan do agrario, senón que ata descoñecen as parcelas”.

Con este traballo feito hai xa uns meses organizaron a primeira reunión informativa no colexio do Toural, na que volveron constatar un interese crecente en dar os primeiros pasos para que a concentración parcelaria chegue a Vilaboa, o que os animou a constiturise como asociación, sumando ao equipo a Elena Crespo e a Iovanna Perdiz. “Para dirixirnos ás administracións temos que ser un colectivo legalmente constituído, e esa é a senda na que estamos”. Confían en poder trasladar as súas pretensións á Consellería de Medio Rural en breve, para que un equipo técnico determine a viabilidade da parcelaria en Vilaboa.

A asociación ten previsto organizar máis xornadas informativas no municipio e convidan á veciñanza a implicarse e participar para levar a bo porto este proxecto. Tamén a poñerse en contacto co equipo directivo e solicitar máis información a través do correo electrónico concentracionvilaboa@gmail.com

Contan co apoio do Concello de Vilaboa. “É moi interesante que nazan iniciativas como esta que nos van permitir pulsar a opinión da veciñanza ao respecto. Non cabe dúbida que unha concentración das parcelas, tanto agrarias como forestais, suporía unha mellor e máis óptima organización do territorio”, conclúe César Poza.

Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vinculadas ás Salinas do Ulló

95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.

A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.

A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.

NOVA WEB : https://salinasdoullo.gal/

O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico

O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.

O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.

A axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.

O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies