HISTÓRICO NOVAS DE PORTADA
Reunión do vindeiro mércores 29 de outubro ás 9:00, no salón de plenos na Casa do Concello, para a adhesión á rede MOVE do comercio local.
Mediante Resolución de Alcaldía (2025-749) de data 13 de maio de 2025 aprobáronse as bases e convocatoria do Vilaverán 2025.
Poderán participar nenas e nenos con idades comprendidas entre os 14 e 3 anos de idade (cumpridos no momento de iniciarse a quincena para a cal solicite a inscrición).
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día 21 de maio e rematará o día 4 de xuño de 2025 (ambos inclusive).
As Bases e Anexos póñense a dispoción das persoas interesadas na Casa de Cultura de Riomaior e Oficinas de Rexistro do Concello de Vilaboa, así como no Taboleiro de Anuncios ubicado na sede electrónica desta Entidade (https://vilaboa.sedelectronica.es/info.0).
>> A ADMINISTRACIÓN PRETO DE TI.
FUNCIONARIOS PÚBLICOS ENSINARÁN EN VILABOA A AXILIZAR XESTIÓNS A TRAVÉS DE INTERNET.
A cita, aberta a toda a cidadanía, será este xoves 29 de Maio, ás 10.30 horas no Concello dentro do programa “A Administración preto de ti”.
O salón de plenos do Concello de Vilaboa acollerá este xoves día 29, ás 10.30 da mañán, una sesión formativa impartida por funcionarios da Subdelegación do Goberno que prestan servizo nas oficinas de información e atención ao cidadán dentro da campaña “A administración preto de ti”-
Trátase dun ciclo orientado a municipios de menos de 8.000 habitantes no que o contido se centra básicamente en axudar aos asistentes o xeito de facerse cun certificado dixital ou o acceso á Cl@ve Permanente e utilizalos para xestións cotidiáns, como a tramitación ou solicitude de pensións, prestacións de Seguridade Social, xestións coa Dirección Xeral de Tráfico, o SEPE, IMSERSO ou Catastro, servizos dispoñibles nas sedes electrónicas dos organismos e departamentos ministeriais en materia de Extranxería, Xustiza, homologación e convalidación de estudos, entre outros.
As persoas formadoras facilítanlle a maiores información máis transversal sobre a carpeta cidadán do Punto de Acceso Xeral da Administración Xeral do Estado (AGE), a Dirección Electrónica Habilitada Única (DEHú) ou o Rexistro Electrónico Común.
Trátase dunha iniciativa que busca achegar a administración aos cidadáns e promover o uso dos certificados dixitais o que supón ademáis un avance na alfabetización dixital da poboación.
Para César Poza “trátase de acercar a Administración á cidadanía para fortalecer a cohesión social e territorial, combatir a brecha dixital e reforzar a igualdade de oportunidades, facendo unha administración máis útil e cercana”.
A Consellería de Medio Rural ven de publicar no Diario Oficial de Galicia as BASES REGULADORAS E A CONVOCATORIA 2025, para a execución de proxectos da intervención LEADER no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250430/AnuncioO90-160425-0001_es.html)
Trátase das axudas ás que poden optar as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, as comunidades de montes e as súas mancomunidades e as entidades públicas de carácter local ou comarcal, a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural para desenvolver iniciativas que dinamicen a súa contorna.
Serán subvencionables os proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos ata un máximo do 45%, e tamén proxectos de natureza non produtiva que sexan de interese público ou colectivo ata un máximo do 90% segundo a súa prioridade. A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. A contía máxima da axuda pública é de 180.000 euros
Ademais a convocatoria inclúe unha nova liña de axudas chamada Bono Activa Rural, destinada a apoiar a posta en marcha de actividades non agrarias no rural. Trátase dunha subvención de ata 18.000 euros, ligada ao mantemento da actividade e ao cumprimento dun plan empresarial viable durante un mínimo de cinco anos. Poderán solicitala persoas físicas que se dean de alta como autónomos e creen o seu propio posto de traballo.
As solicitudes de axuda para os proxectos dos concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, dirixiranse ao GDR Pontevedra Morrazo (GDR 15) e presentaranse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia , procedemento MR701L Axudas Leader PEPAC 2023-2027 https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR701L&ano=2025&numpub=1&lang=gl
Atentamente,
Xerencia GDR Pontevedra Morrazo,
O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o 01 de maio e remata o 30 de maio de 2025.
Mais información,
https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/nova-convotactoria
https://www.facebook.com/gdrpontevedramorrazo/
https://www.instagram.com/gdrpontevedramorrazo/
Ampliar información: www.entroidodecobres.com
ENTRE MIUÑOS E CONTOS
Domingo 9 de xuño, ás 11.
Máis info. e reservas: paseapontevedra@gmail.es
(Prazas limitadas.)
O vindeiro mércores 24 de abril ás 20:00 horas contaremos no Concello de Vilaboa co persoal encargado de difundir o programa MOVE da Deputación de Pontevedra para apoio da actividade comercial en zonas rurais, dentro do proxecto “Da túa man” Rural II.
Está dirixido a comercios retallistas, establecementos hostaleiros, produtores e provedores locais.
Anímate a participar.
Para calquera dúbida ou aclaración, ADL – no 2º andar do Concello de Vilaboa
Teléfono: 986289076 ou mail: emprego@vilaboa.org
PROGRAMACIÓN
– Sábado 10 de febreiro
10:00h – 19:00h: PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
19:00h (horario orientativo) : CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
22:00 h: Gran Festa de Apertura con: TRÍO TIC TAC – AMÉRICA DE VIGO – DJ CHARLIE
– Domingo 11 de febreiro
10:00h – 19:00h: PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
19:00h (horario orientativo): CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
22:00h:Festa a cargo de: – TRÍO LA NOCHE
– Luns 12 de febreiro
10:00h – 19:00h: PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
19:00h (horario orientativo):CHEGADA DO ENTROIDO Á CARPA
21:30h : Luns de MAGHACHOS con: TRÍO DIGITAL – ORQUESTRA SAUDADE
– Martes 13 de febreiro
10:00h – 13:00h: PERCORRIDO DO ENTROIDO POLOS BARRIOS
13:00h: Sesión vermú amenizada por TRÍO DIGITAL. Haberá comida: polbo, churrasco, …
16:30h: CORRIDA DO GALO presentada por ISI da TVG
Bailará o ENTROIDO, haberá GALO no río e na vara, concursos, predicadora LETI DA TABERNA, queima do GALO e gran tirada de fogos de artificio.
REMATE DE FESTA con DJ GABRY
CHEGA A VILABOA O CURSO QUE AGASALLA ÁS MULLERES CON ORDENADORES PORTÁTILES
A formación impartirase na casa de cultura de Riomaior e a primeira xuntanza será o vindeiro día 25 ás 10 da mañán.
Vilaboa, 5 outubro 2023.- O programa formativo Galegas Dixitais chega a Vilaboa para animar ás mulleres do municipio a acercarse ás competencias básicas, avanzadas ou emprendedoras. Estas son as tres vertentes duns curso que rematan con premio: o agasallo dun ordenador portátil.
Esta iniciativa está dirixida a mulleres desempregadas de municipios rurais co obxectivo de formalas a través dun programa de 120 horas de aprendizaxe presencial ademáis doutras cinco horas de ensino en igualdade. Ao finalizar, as participantes reciben un título oficial. O único requisito para as participantes é estar inscrita como demandante de emprego ou solicitando unha mellora de emprego.
A actividade é gratuita e ten un aliciente a maiores, todas as alumnas reciben sen coste algún un equipo de catorce pulgadas Primux. Carmen Gallego, concelleira de Promoción Económica e de Igualdade e organizadora desta actividade en Vilaboa, asegura que o agasallo é un incentivo máis para familiarizar ás mulleres do rural co manexo das novas tecnoloxías.
As competencias dixitais convertironse nunha necesidade do día a día tanto no ámbito persoal como no profesional. De feito, nestes cursos préstase especial atención ao emprendemento.
A primeira reunión organizativa terá lugar o vindeiro 25 de outubro na casa da cultura de Riomaior ás 10 da mañán e o día 31 arrancará o curso, que se desenvolverá ata o 15 de decembro en horario de 9 a 14 horas. E antes, é necesario inscribirse contactando por whatsapp co número 60403957. E Carmen Gallego recomenda facelo “non é necesario ter coñecementos previos para aproveitar esta oportunidade que vai permitir ás mulleres de Vilaboa mellorar a súa autonomía dixital en tres niveis diferentes sen desprazamentos fóra do municipio”.
Itinerario enoturístico e cultural baseado nunha realidade histórica, antropolóxica e económica que xira arredor da tradición vitivinícola da IXP Ribeiras do Morrazo
VILAVERÁN 2023
Actividades lúdicas e educativas.
Prazo de matrícula aberto, do 16 ao 3o de xuño. Prazas limitadas
Telf: 986 673 806













BANDO GRIPE AVIARIA


































Descargar programa.


















































































BASES REGULADORAS DO CONCURSO

