AS SALINAS DO ULLÓ

O complexo das salinas do Ulló, que deixou de fabricar sal a principios da década de 1720, conta con dous grandes estanques rectangulares contiguos que se construíron aproveitando unha enseada natural do fondo da ría. No meirande, que se enchía aproveitando a forza das mareas, tiña lugar a evaporación dunha parte da auga grazas á acción do sol e á ventilación.

Dentro do primeiro dos vasos a auga permanecía estancada durante uns 30 días ata atinxir os 18º aproximadamente, o que permitía a precristalización do sal. Unha vez que acadaba esta temperatura a auga trasladábase ao vaso rectangular contiguo, onde cristalizaba a unha temperatura 5º superior dentro de eiras ortogonais, o que permitía a súa colleita.

Ao sur do Val do Ulló, no medio do bosque próximo, tamén se conservan en pé os restos do que antano fora a Granxa das Salinas, habitación principal dos moradores. Este edificio, ademais da distribución convencional (habitacións, cociña, lareira, forno…) tamén conserva os restos dunha singular capela disposta no centro do inmoble, mais o elemento máis relevante é sen dúbida a súa monumental lareira e cambota, toda ela labrada en perpiaño granítico de primeira calidade. Xunto a este edificio, outra casa de dous corpos que serviu de morada aos caseiros da finca.

Vídeo

Para achegarnos, basta con coller un ramal que une Paredes con O Toural na N550, (pasando literalmente por enrriba das salinas) .

Ditas salinas están encravadas nun baixo val chamado do Ullóo ou Ulló, denominación que actualmente circunscríbese a esta zoa de Paredes, pero que dende antes do ano 1600 deuse a denominación de Ulló a todo o val próximo e paralelo a costa do municipio que se estende dende o extremo desta, en Paredes, ata a pequena praia de Larache en Sta. Cristina de Cobres.

 Vistas Posicionadas

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies