IMPRESOS (Para descarga e cumprimentación)

 Estes formularios poden ser cumprimentados directamente en pantalla, e imprimirse.

O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños do Concello.
Toda persoa que resida habitualmente en Vilaboar ten a obriga de inscribirse no Padrón.
No caso de que proceda doutro municipio, o solicitante deberá indicar o concello ou país de procedencia.
espacio

>> ¿Qué podemos solicitar?

1.- Altas:
– Inmigración: persoas xa empadroadas noutro Municipio ou Consulado de España no estranxeiro.
– Omisión: persoas non empadroadas anteriormente en ningún Municipio ou Consulado de España no estranxeiro.
– Altas por nacemento.
– De oficio: mediante notificación do Instituto Nacional de Estatística sempre que algún dos pais estea empadroado no Municipio.
– A instancia do interesado: o pai ou a nai empadroados no Municipio realizarán a inscrición do recen nado aportando unha fotocopia da folla do libro de familia onde apareza o/a neno/a e da folla onde apareza o nome dos pais.

2.- Cambios de Domicilio:
– Todas as persoas que cambien o seu domicilio dentro do Municipio deberán comunicalo ó Negociado de Estatística do Concello de Vilaboa.

3.- Modificación de Datos:
– Cando na base de datos do Padrón de Habitantes figure un dato incorrecto (nome e apelidos, data de nacemento, lugar de nacemento, nº documento de identidade, nivel de estudos, nacionalidade) deberá realizar unha petición de modificación no Negociado de Estatística do Concello de Vilaboa.

4.- Baixas Emigración:
CANDO UNHA PERSOA TRASLADA O SEU DOMICILIO A OUTRO MUNICIPIO EN ESPAÑA OU Ó EXTRANXEIRO (REALIZANDO A INSCRICIÓN NO CONSULADO ESPAÑOL QUE LLE CORRESPONDA) NON DEBE SOLICITAR A BAIXA NO SEU CONCELLO DE ORIXE.
O TRÁMITE DAS BAIXAS POR EMIGRACIÓN REALÍZASE ENTRE CONCELLOS OU ENTRE CONCELLOS E O INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA. SI UNHA PERSOA NON É ESPAÑOLA E TRASLADA A SÚA RESIDENCIA DE FORMA DEFINITIVA A OUTRO PAÍS, ESA PERSOA DEBE FACER UNHA DECLARACIÓN E ENTREGALA NO NEGOCIADO DE ESTATÍSTICA PARA QUE CAUSE BAIXA NO PADRÓN DE HABITANTES.

 

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies