BIBLIOTECA MUNICIPAL DE VILABOA

Contacto

Casa da Cultura de Riomaior, ‘A Casa de Tod@s”:

BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE VILABOA (Ven a descubrila, coñécea e participa…):
INFANTIL e de ADULTOS: Préstamo de libros, DVDs… Internet, conexión wifi… Publicacións periódicas, Xornais…
LUGAR: Pazos,1 A – San Adrián de Cobres (Vilaboa).
PÁXINA WEB: www.vilaboa.gal / CORREO ELECTRÓNICO: biblioteca@vilaboa.org
REDE DE BIBLIOTECAS DE GALICIA: https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/
TELÉFONO: 986 67 38 06 / MÓVIL: 607 90 31 85 (Álvaro)

>> Horario de atención ó público

De luns a venres de 16:00 – 22:00 horas.

(NO MES DE AGOSTO PECHAMOS POR VACACIÓNS.

>> Solicitude de carné de lector/a

>>Solicitude de carné

Catálogo

 

 

O catálogo automatizado axudalle a coñecer os fondos que pode atopar na Biblioteca, así como a súa ubicación nas diferentes seccións e situación actual: dispoñible ou prestado.

O noso catálogo en liña atopase aloxado na Web da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia, actualmente estamos traballando nun proceso de informatización e reconversión de fondos.

O catálogo permite a búsqueda por título, autor, materia, serie, CDU, sección, editorial e ISBN. Tamén poderá reservar as obras que lle interese.

Para entrar no catálogo pulsa aquí.

Reserva de instalacións

Casa da Cultura. R/Ríomaior s/n –San Adrián de Cobres.
Telf:986 673 806 Fax:986 672 546
email: biblioteca@vilaboa.org / vilaboa.rbgalicia@ciclolocal.es
A Biblioteca está situada na Casa da Cultura de Riomaior, e dispón de espacios e instalacións para distintos tipos de actos, que se poden reservar a través dun formulario que devidamente cumprimentado (pódese cumprimentar directamente en Acrobat Reader),haberá que entregar no rexistro de entrada do Concello.

>> Salón de actos: Conferencias, reunións, ensaios, actuacións musicais, festivais, bailes, teatro…

>>Sala de seminarios:Obradoiros, cursos, salas de exposicións,…

>>Asociacións culturais :Punto de Encontro, sede de asociacións,…

Formulario de reserva de instalacións na Casa de Cultura de Riomaior

Servizos que ofrecemos

>>Servizo de consulta en sala

A biblioteca pon a disposición dos seus usuarios unha ampla colección de libros, materiais audiovisuales, revistas, diarios oficiais, periódicos, etc. que poden ser consultados libremente.
Para acceder á sala e consultar os fondos non fai falta carné de lector. A sala pode utilizarse para o estudio, ainda que non está permitida a reserva de postos.

Guia de uso

Guía de uso

A biblioteca é un servizo de todos/as e para todos/as

A biblioteca é un lugar público e, como tal, require dos usuarios unhas normas de comportamento de maneira que se respeten as instalacións, os fondos nela recollidos, así como ó resto de usuarios.

Por tanto, non se debe:
• Incurrir en manifestacións ruidosas.
• Comer, beber ou fumar dentro da Biblioteca.
• Usar teléfonos móviles.
• Alterar a posición dos mobles e os equipos, ou usalos indebidamente.
• Reservar prazas nos puntos de lectura mediante calquera procedemento.
• Entrar con animais.
• Entrar con bicicletas, patíns, etc.
• Perturbar o bo funcionamento dos servizos da Biblioteca.

Para poder manter a gratuidade do servizo é necesario ter un coidado especial cos documentos e respetar as normas de funcionamento.

Condicións de acceso e uso

O acceso ós documentos é libre nas salas abertas ó público e gratuito. Tamén existen fondos de acceso restrinxido por razóns de conservación e seguridade.

Para acceder ó Servizo de Préstamo obterase o correspondente carné de socio.

Asimesmo existen medios adecuados para facilitar o acceso ás instalacións ás persoas con discapacidade

>>Servizo de préstamo

O préstamo é libre e gratuito pero para poder utilizar o servizo é necesario ter carné de lector, que só poderá ser utilizado polo titular do mesmo. Para efectuar a devolución dos materiais prestados é necesario mostrar o carné de socio ou no caso de non ser o titular o que fai a devolución, debe indicar o número de carné de socio ou apelidos do titular do préstamo. Tamén contamos con anuarios, diccionarios, enciclopedias, manuais básicos e obras que, polo seu interese ou gran demanda por parte do público, a biblioteca decidiu excluir do préstamo.

Condicións do servizo de préstamo

O servizo de préstamo ofrece e facilita ó público a posibilidade da lectura e consulta nos seus enderezos de materiais de diverso tipo por un periodo de tempo preestablecido.

Materiais en préstamo

Cada socio, ben sexa infantil ou adulto, poderá retirar un máximo de 8 documentos en total, repartidos da seguinte forma:

TIPO DE DOCUMENTO CANTIDADE PERÍODO
LIBRO 1 exemplar 15 días (Renovables)*
VÍDEO / DVD 1 exemplar 15 días (Renovables)*
MULTIMEDIA 1 exemplar 15 días (Renovables)*
DISCO COMPACTO 1 exemplar 15 días (Renovables)*

No caso de non rematar a súa lectura, poderase renovar o préstamo por 15 días, ben de xeito presencial ou ben a través do teléfono 986-673806 en horario de tarde, de 16 a 22 horas ou mediante correo electrónico biblioteca@vilaboa.org. Cando o libro estivera reservado, non poderá renovarse.

En agosto a Biblioteca está cerrada.

Se o documento de calquer tipo que desexe levar estivera prestado, podese realizar unha reserva, ata un máximo de 2 documentos. Este servizo tamén se pode utilizar desde Internet, ben a través do noso correo electrónico, ou ben directamente dende o Catálogo en Liña

>>Prensa, revistas e publicacións oficiais

O acceso a este servizo é libre e gratuito. Non se permitirá a consulta simultánea de máis dun diario ou revista. Os periódicos do día son de libre acceso e se atopan nos expositores próximos ó mostrador.

Os periódicos dos 30 días anteriores gárdanse no fondo da sala.

Publicacións oficiais

Boletín Oficial dol Estado
Diario Oficial de Galicia
Boletín Oficial da Provincia

>>Internet e ofimática

A biblioteca dispón de cinco ordenadores con acceso a Internet, un de eles reservado para consultas rápidas, e de unha impresora en rede. Estes equipos teñen instalados ferramentas de traballo informático tales como procesadores de texto e follas de cálculo.

>> Normas de uso

>>Sala de video e televisión

A biblioteca dispón de equipos de reproducción de DVD, CD-Rom e audio para a consulta dos seus materiais audiovisuales

 

>>Reprografía

Dispoñemos de fotocopiadora para a reproducción de documentos da biblioteca. En todo caso o seu uso farase conforme á Lei de Propiedade Intelectual.

En cumplimento de esta lei e co fin de garantizar a conservación dos fondos bibliográficos, o usuario poderá obter ata un máximo de 20 fotocopias directas dunha mesma obra, sempre e cando sexan posteriores a 1958 inclusive, e nunca máis dun tercio da obra reproducida, en calquer caso, e que se atope en bo estado de conservación, a xuizo do/a bibliotecario/a responsable do fondo.

Dispoñemos do servizo de impresión, grabación e escaneo de imáxes e/ou texto en formato DIN A4.

Tarifas : Consultar na biblioteca

> Salón de actos:  Conferencias, reunións, ensaios, actuacións musicais, festivais, bailes, teatro…

> Sala de seminarios: Obradoiros, cursos, salas de exposicións,…

Asociacións culturais : Punto de Encontro, sede de asociacións,…

 

Axenda actividades Casa de Cultura de Riomaior (A Casa de Tod@s)


>>Escola de música de Vilaboa

De LUNS a SÁBADO clases de: MÚSICA e MOVEMENTO, INICIACIÓN á LINGUAXE MUSICAL, LECTURA, PERCUSIÓN, COMBO, VIOLÍN, VIOLONCELLO, ORQUESTRA DE CORDAS, FRAUTA, CLARINETE, SAXOFÓN, TROMPA, TROMBÓN, TROMPETA, BOMBARDINO, TUBA, GUITARRA, ENSAMBLE DE GUITARRA, PIANO, ORQUESTRA, DIVERBANDA, BANDA de MÚSICA… PREPARACIÓN CONSERVATORIO.

LUGAR: Casa da Cultura de Riomaior – San Adrián de Cobres (Vilaboa).

TELÉFONO de CONTACTO: 627 12 89 03 (Daniel).

PAGOS ANUAIS: Obrigatorio ‘Matrícula’ (35€) + Opcional ‘Cota Soci@s’ (10€).
COTAS MENSUAIS:
-Música e Movemento (10€)
-Linguaxe Musical (15€)
-L.M. Preparación para o Conservatorio (25€)
-Instrumento alumnado da Banda de Música (35€)
– Instrumento alumnado de outras especialidades (40€)
– Aluguer de instrumento (5€) ORGANIZADO: Pola “Asociación da Escola de Música de Vilaboa”


>>Pola Asociación Cultural Cobres

Os LUNS de 17:00 a 19:00 h. “ENSAIOS ENTROIDO dos COBRES” (Dende Novembro ata inicio Entroido).
Os LUNS de 19:00 a 22:00 h. “BAILE GALEGO e PERCUSIÓN” (De SETEMBRO a XULLO).
Os XOVES de 17:00 a 19:00 h. “ENSAIOS ENTROIDO dos COBRES” (Dende Novembro ata inicio Entroido).
Os XOVES de 19:00 a 22:00 h. “GAITA e PERCUSIÓN” para nen@s e adult@s (De SETEMBRO a XULLO).
Os SÁBADOS de 17:00 a 21:00 h. “ENSAIO ENTROIDO dos COBRES” (Dende Novembro ata inicio Entroido).

LUGAR: Casa da Cultura de Riomaior – San Adrián de Cobres (Vilaboa).

TELÉFONO de CONTACTO: 696 11 41 66 (Martín). COTA: 15 €/MES (a partires do segundo membro familiar a COTA será de 10€/MES por alumn@). PAGO ANUAL de soci@s: 10€ (Sendo a COTA dos NON soci@dos  de 20€/MES).

MESTRE: Álvaro Carballo (Gaita) Marcelo (Percusión e baile).

>>Pola Asociación Cultural o Barqueiro

Os MÉRCORES de 21:00 a 23:00 horas “GAITA e PERCUSIÓN” (De SETEMBRO a XULLO).
Os VENRES de 21:00 a 24:00 horas “GAITA e PERCUSIÓN + CANTO e PANDEIRETA” (De SETEMBRO a XULLO).

LUGAR: Casa da Cultura de Riomaior – San Adrián de Cobres (Vilaboa).
TELÉFONO de CONTACTO: 655 91 40 99 (Julio).
COTA: GAITA e PERCUSIÓN 15€/MES. COTA: PANDEIRETA e CANTO 15€/MES. MESTRE de GAITA: Julio Otero. MESTRE de PANDEIRETA, CANTO e BAILE: Luis Prego.

>>Pola Asociación Cultural VBAILABOA

Os VENRES de 18:00 a 21:00 horas “BAILE de SALÓN” (De SETEMBRO a XUÑO).
Os SÁBADOS de 21:00 a 24:00 horas “BAILE de SALÓN” (De SETEMBRO a XUÑO).

LUGAR: Casa da Cultura de Riomaior – San Adrián de Cobres (Vilaboa).

TELÉFONOS de CONTACTO: 653 53 46 07 (Ángel) / 659 92 84 72 (Natalia).
COTA INFANTIL: Non soci@s 14€/MES. Soci@s 10€/MES + COTA soci@ 10€/ANUAL.
COTA XUVENIL e ADULTO: Non soci@s 18€/MES. Soci@s 13€/MES + COTA soci@ 10€/ANUAL. MESTRA: Carmen Vila Abreu.

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies