SERVIZOS SOCIAIS DE  VILABOA

Onde estamos

Estamos na entrada do concello a esquerda.

Para contactar con nós: 607 966 260
ssociais@vilaboa.org ou 986 708 215 

Responsable técnico: Montserrat Carabelos

Prestacións dentro do departamento

>>Prestación de Información, orientación e asesoramento:

> Atención directa a consultas relativas a recursos e dereitos sociais de individuos familias ou grupos, realizando as oportunas xestións ou remitindo ós organismos pertinentes.

> Poñer a disposición de todos a información a través de edicións de folletos, carteis, celebración de charlas, conferencias, coloquios etc.

> Recollida e tratamento da información sobre as necesidades sociais, para planificación e priorizaciòn de recursos sociais.

> Realización de entrevistas individuais, familiares e grupais.

> Realización de visitas domiciliarias.

> Análise, interpretación e elaboración de informes sociais, emisión de dictámenes técnicos ou administrativos naqueles casos ou situacións-problema que o requiran.
entrada.

 

>> Prestación de promoción e cooperación social

> Asesoramento técnico ás asociacións que xa estean constituídas como tales, e as que se encontran en proceso de constitución.

> Elaboración de programas de acción social, tendo en conta as inquietudes e desexos dos distintos grupos sociais afectados.

> Realización de campañas de sensibilización en temas como o racismo, xenofobia, e cooperación social en xeral.

> Fomentar a creación de grupos de voluntariado social, entorno os distintos programas. 

 

>> Prestación de Axuda no fogar e apoio a unidade de convivencia:

> Realización de entrevistas e visitas domiciliarias, para o coñecemento valoración e diagnostico dos casos que precisen deste servicio

> Recollida e tratamento da información para unha planificación adecuada das actividades a desenrolar.

> Selección e orientación da profesional Auxiliar domestica que prestará o servicio.

> Seguimento continuado dos beneficiarios.

 

>> Prestación de prevención e inserción social:

> Análise e estudio de situacións susceptibles de ser orixe de marxinación da poboación considerada de risco en orde á planificación de accións de carácter preventivo.

> Tratamento de situacións-problema individuais e grupais

> Elaboración de programas priorizando aqueles que teñan unha vertente preventiva e de reinserción social de grupos ou individuos afectados por algún tipo de marxinación
En relación a esta prestación levaronse a cabo as seguintes actuacións. Algunhas financiadas pola Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude, e outras a través do plan concertado.

> Técnicas de estudio para escolares con problemas de fracaso escolar (Programa de educación familiar)

> A atención infantil como medida preventiva de malos tratos (Programa de educación familiar)

< Curso de autoestima para menores (Programa educación familiar)

> O programa de integración para inmigrantes do cual se engade memoria amplia.

> Escola de pais (Programa de educación familiar)

> Programa de prevención de conductas esteriotipadas discriminativas e de perxuicio

 

Actualidade

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies