EMPREGO

Onde estamos

Estamos na última planta do concello, ó final das escaleiras a dereita ó fondo.

Para contactar con nós:
Telf: 986 708 215 / 986 708 252 mail: emprego@vilaboa.org
Horario: 9:00 a 14:00 h.

Novas

A Consellería de Medio Rural ven de publicar no Diario Oficial de Galicia as BASES REGULADORAS E A CONVOCATORIA 2025, para a execución de proxectos da intervención LEADER no marco do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250430/AnuncioO90-160425-0001_es.html)

Trátase das axudas ás que poden optar as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, as comunidades de montes e as súas mancomunidades e as entidades públicas de carácter local ou comarcal, a través dos Grupos de Desenvolvemento Rural para desenvolver iniciativas que dinamicen a súa contorna.

Serán subvencionables os proxectos de natureza produtiva que supoñan a realización dunha actividade económica con fins lucrativos ata un máximo do 45%, e tamén proxectos de natureza non produtiva que sexan de interese público ou colectivo ata un máximo do 90% segundo a súa prioridade. A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. A contía máxima da axuda pública é de 180.000 euros

Ademais a convocatoria inclúe  unha nova liña de axudas chamada Bono Activa Rural, destinada a apoiar a posta en marcha de actividades non agrarias no rural. Trátase dunha subvención de ata 18.000 euros, ligada ao mantemento da actividade e ao cumprimento dun plan empresarial viable durante un mínimo de cinco anos. Poderán solicitala persoas físicas que se dean de alta como autónomos e creen o seu propio posto de traballo.

As solicitudes de axuda para os proxectos dos concellos das comarcas de Pontevedra e O Morrazo, dirixiranse ao GDR Pontevedra Morrazo (GDR 15) e presentaranse a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia , procedemento MR701L Axudas Leader PEPAC 2023-2027  https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=MR701L&ano=2025&numpub=1&lang=gl

Atentamente,

Xerencia GDR Pontevedra Morrazo,

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o 01 de maio e remata o 30 de maio de 2025.

Mais información,

https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/nova-convotactoria
https://www.facebook.com/gdrpontevedramorrazo/
https://www.instagram.com/gdrpontevedramorrazo/

O Concello de Vilaboa, como integrante do GDR Pontevedra Morrazo, quere dar difusión a animar a participar a colectivos, asociacións e persoas emprendedoras no Foro de Desenvolvemento Rural.

O vindeiro martes, 08 de novembro, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para elaborar o diagnóstico do territorio.

O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.

Máis información,

https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/

https://www.facebook.com/gdrpontevedramorrazo/

https://www.instagram.com/gdrpontevedramorrazo/

 Queremos coñecer a túa opinión, para realizar unha reflexión diagnóstica da situación actual e das potencialidades do territorio, identificando os principais puntos fortes e febles, e marcando os retos e prioridades para os vindeiros anos.

Por un rural vivo, dinámico e integrador, PARTICIPA NO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PONTEVEDRA MORRAZO, A TÚA VOZ CONTA, TODOS SOMOS GDR !!

AEDL , (Axentes de emprego e desenvolvemento local)

>>¿Que son?

Son persoas que teñen a función de realizar accións relacionadas coa dinamización e xeración de novas actividades no medio rural con repercusión no emprego e na creación de alternativas de ocupación laboral. Cofinanciados pola Consellería de Traballo.

 

>> Funcións:

– Información e asesoramento das distintas axudas para emprendedores que queren iniciar unha actividade.
> Tramitación de axudas ou guía para elaborar o plan de empresa.
> Prospección dos recursos ociosos ou infrautilizados, de iniciativas locais de emprego, de proxectos de acción rural e outros proxectos empresariais.
> Orientación ó emprego.
> Difusión en colaboración cos outros departamentos do concello de ofertas de emprego.
> Difusión e estímulo das potenciais oportunidades de creación de actividade entre desempregados/as, promotores/as, emprendedores e institucións colaboradores/as.
> Acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos.
> Participación nos programas europeos de desenvolvemento rural.
> Organización e xestión de actividades formativas (cursos FIP, obradoiros de emprego…).
> Xestión de programas de cooperación e promoción de emprego.

 

>> Servizos que ofrece:

– CONSULTORÍA DE EMPRESAS: AXUDAS, SUBVENCIÓNS,…
– ASESORAMENTO DE CREACIÓN DE EMPRESAS
– ORIENTACIÓN LABORAL aior.