MEDIO AMBIENTE – VILABOA

Antecedentes

 

A xestión do lixo leva unha serie de problemasque aumentan considerablemente a factura do lixo. Vilaboa ten un déficit do 60% na factura do lixo.

-Gastos de transporte : aumento da periocidade da recollida, aumento da factura de URBASER
-Mestura de residuos: aumento da factura se SOGAMA
-Incineración e vertedoiros: práctica moi contaminantes e irreversibles
-Perda dun recurso aproveitable

O Concello de Vilaboa se adheriu ao Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, na busca dunha mellora económica, e sobre todo dunha mellora do Medio Ambiente, coa que iniciemos un camiño á sustentabilidade no desenvolvemento do noso municipio

Apúntate a compostaxe

O Concello de Vilaboa, a través do Plan  Revitaliza da Deputación de Pontevedra, leva dende 2016 apostando por un modelo de xestión de residuos baseado na compostaxe como tratamento dos biorresiduos, pero empecemos dende o principio….

Que é a compostaxe?
A compostaxe é a maneira de converter os biorresiduos –que supoñen o 53% da bolsa do lixo municipal- nun produto fertilizante. Consiste nun proceso no que é necesario misturar residuos de cociña e xardín con restos leñosos e secos de podas, serraduras e follas, para producir unha emenda de elevada calidade: o compost. Por cada 100 quilos de materia orgánica obtéñense uns dez quilos de compost peneirado.

 

En que nos beneficia?
• Aforramos no recibo do lixo.
• Reducimos as emisións de CO2.
• Melloramos na reciclaxe.
• Obtemos un fertilizante natural de alta calidade.

 

O noso camiño recorrido….

Desde o ano 2016 levamos dando pequenos pasos coa axuda de todos:

  • Máis de 1200 composteiros individuais repartidos.
  • 12 centros de compostaxe instalados no concello.
  • Compostamos en todos os centros escolares.
  • Posta en marcha do Punto Verde Municipal.

 

Como podemos axudarche?

  • Reparto de composteiros.
  • Préstamos de biotrituradoras.
  • Reparto de compost.

Para calquera destes servizos ou para calquera cuestión sobre compostaxe e a xestión dos residuos en xeral, contacta co Mestre Composteiro do Concello:
composteiros@vilaboa.org

 

 

 

Vantaxes da compostaxe:

Aforramos na recollida do lixo.
Estímase que entre o 40% e o 50 % dunha bolsa de lixo doméstico está formada por refugallos orgánicos.
Melloramos a reciclaxe do resto dos materiais do lixo.
Aforramos en fertilizantes.
Contribuímos a reducir a contaminación.
Melloramos a saúde da terra e das plantas.

Lexislación

LEY 22/2011, de xulio, de residuos e solos contaminados.
Artigo 22. Obxectivos específicos de preparación para a reutilización, reciclado e valorización.
“Antes do 2020, a cantidade de residuos domésticos e comerciais destinados á preparación para a reutilización e a reciclaxe para as fraccións de papel, metais, vidro, plástico, biorresiduos ou outras fraccións reciclables deberá alcanzar, en conxunto, como mínimo o 50% en peso.”)

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2011-13046

Cortas por prevención de incéndios

Todo/a propietari/a de terreos ten a responsabilidade de mantelos en condicións axeitadas respecto á normativa de prevención de incendios e á ordenanza municipal de ornato.

As parcelas afectadas polas faixas de xestión de biomasa deben cumprir unhas distancias na corta da vexetación, tanto de maleza como arbórea, para así protexer as persoas e as construcións fronte aos lumes. Os eucaliptos, piñeiros, mimosas e acacias, principalmente (entre outras especies), non poden estar a menos de 50 metros do solo urbano, núcleo rural, edificacións illadas, etc.

Recollida de reíduos voluminosos

A empresa encargada da recollida do lixo (Urbaser) presta un servizo de recollida de obxectos voluminosos (colchóns, etc.), de xeito gratuito, mediante o número de teléfono tamén gratuito 900 720 190. Está prohibido depositar estes residuos nos camiños, ao carón dos contedores, no monte, etc.

Responsabilidade no uso do saneamento

Obxectos de hixiene como toalliñas húmidas, compresas, tampóns, bastonciños, preservativos, etc., seguen a botarse nos retretes de xeito cotián. Esto supón un grave problema de obstrución na rede de saneamento, con custo de cartos públicos, ademais dun problema de saúde pública e de contaminantes. Poden incluso chegar aos ríos e ao mar. Por exemplo, é doado ver moreas de compresas nas praias despois dos temporais, mesturadas con outros refugallos mariños e coas algas. As toalliñas (vendidas como biodegradables ou non) desfanse, pero as súas fibras resultantes vólvense xuntar nos sumidoiros, creando grandes madeixas que atoran a rede de saneamento.

É responsabilidade de toda a cidadanía depositar estes residuos nos contedores correspondentes, e nunca nos inodoros.

Separa e recicla

Reciclar é darlle unha nova vida aos envases, reducindo o consumo de recursos e a degradación do planeta.

>>Colector de envases

Por 40 botellas de PET fabrícase un forro polar; con 550 latas de conserva unha cadeira; con 22 botellas de plástico faise unha camiseta; …

Neste colector vai:

-Envases de plástico
-Briks
-Latas
-Bolsas de plástico

Non botar:

-Xoguetes de plástico
-Biberóns e chupetes
-Cubos de plástico

>>Colector de papel/cartón

Con 8 caixas de cereais faise un libro
Neste colector vai:

-Revistas
-Caixas de cereais, de zapatos…
-Xornais vellos

Non botar:

-Briks
-Servilletas de cociña ou papeis sucios (deben ir no composteiro)

 

>>Colector de vidrio

Reciclando 3 botellas de vidro, aforramos :

– máis de 1 kg de materia prima,
– reducimos 1 kg de lixo que vai ao vertedoiro,
– evitamos a emisión de 1 kg de CO2 á atmosfera,
– aforramos a enerxía suficiente para manter acendida unha lámpada de baixo consumo durante 9 días.

Non botar:

-Lámpadas
-Espellos, cinceiros, vasos

>>Colector de aceite doméstico

¡! Verter os aceites polo fregadoiro ou inodoro é unha PRÁCTICA ANTI-ECOLÓXICA¡!
Os desaugadoiros das nosas casas son importantes focos de contaminación de ríos, lagos e mares.

– 1 litro de aceite doméstico, contamina 1.000 litros de auga.

 

>>Colector de pilas

Pódense atopar nos centros de saúde, casas de cultura e na casa do Concello.

 

>>Colector de resto

Neste colector só se debe depositar obxectos de pequeno volume que non se poidan reciclar ou compostar.

 

>>Composteiro

“O 42,36% da bolsa do lixo en Galicia son biorresiduos, ós que habería que engadir un 9,72% máis procedentes de xardíns, podas, céspedes e residuos verdes de finca.”

Vantaxes:
-Aforramos en fertilizantes.
-Aforramos na recollida do lixo.
-Contribuímos a reducir a contaminación.
-Melloramos a saúde da terra e das plantas
-Melloramos a reciclaxe do resto de materiais do lixo.

Punto verde O Cabalo

Mediante un convenio coa Comunidade de Montes de Santa Cristina de Cobres, creouse o primeiro Punto Verde Municipal. Aproveitouse a antiga explanada do campo de tiro, converténdose na zona de Compostaxe Municipal e depósito de restos vexetais (poda, desbroce,etc) tanto de xardíns e parques do Concello, como de todos os veciños de Vilaboa.
O compost formado utilízase para as plantacións de árbores e mantemento de xardíns do Municipio.

> Como funciona?
Dunha maneira cómoda e sinxela:

– Depósito de ramas (material seco)
– Depósito de material verde (herba; poda de ortensias, cipreses, …)
– Está prohibido verter bolsas de plástico, enseres domésticos, madeiras tratadas.

Atención de dudas e consultas telefonicamente ou a través do correo electrónico:
Correo electrónico: medioambiente@vilaboa.org ou info@vilaboa.org

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies