REXISTRO  DE FACTURAS ELECTRÓNICAS

A remisión de facturas electrónicas ao Concello de Vilaboa fanse a  través do PUNTO XERAL DE ENTRADA de FACe:  

Códigos DIR3 do concello de Vilaboa

Oficina Contable: L01360583

Órgano Xestor: L01360583

Unidade Tramitadora: L01360583

A recepción de facturas no Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas (Face) terá os mesmos efectos que os que se deriven da presentación das mesmas nun rexistro administrativo,  tal e como se establece no artígo 10.2 da Orde HAP/1074/2014, de 24 de xuño, pola que se regulan as condicións técnicas e funcionais que debe reunir o Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas.

Tramitación de facturas electrónicas

>> ¿ Qué é unha factura  electrónica ?

Una factura electrónica é, ante todo, unha factura. É dicir, ten os mesmos efectos legais que unha factura en papel. Lembremos que unha factura é un xustificante da entrega de bens ou á prestación de servizos.
Una factura electrónica é unha factura que se expide e recibe en formato electrónico.

QUE SE NECESITA PARA CREAR UNHA FACTURA ELECTRÓNICA A PRESENTAR NUNHA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA?
Hai dúas formas de facelo:
• Mediante un programa informático que cree facturas electrónicas.
• Mediante a intermediación dun prestador de servizos de facturación electrónica.
No caso das pequenas ou medianas empresas, ou autónomos, poden utilizar o programa informático que se ofrece de balde na páxina www.facturae.gob.es

COMO ENVIAR A FACTURA ELECTRÓNICA?
As facturas electrónicas envíanse por Internet a través dos puntos xerais de entrada de facturas electrónicas do Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais.
Un punto xeral de entrada de facturas electrónicas é una xanela electrónica única de entrada de todas as facturas electrónicas dirixidas a una determinada administración.
O Concello de Vilaboaoptou por adherirse ao punto de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado (FACe)

>> ¿ Qué é FACe ?

Tal e como acabamos de decir, FACe é o punto xeral de entrada de facturas electrónicas da Administración Xeral do Estado.

Pode acceder ao seu portal web tecleando no navegador:
https://face.gob.es/es
Nesta web pode:
• Enviar facturas á Administración Xeral do Estado ou a outras administracións adheridas, como é o caso do Concello de Soutomaior
• Consultar o estado das súas facturas.
• Consultar o directorio de unidades para coñecer o código de identificación da unidade destinataria.
• Descargar o programa informático de balde que ofrece o Ministerio   (http://www.facturae.gob.es/formato/Paginas/descarga-aplicaciones.aspx)
• Obter axuda

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentemento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche o enlace para maior información. // Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies