Concello de Vilaboa

Entroido de Cobres - Madamas e Galáns

Vista dende o Muelle de San Adrian de Cobres

As Salinas do Ulló

As Salinas do Ulló

Ría de Vigo

SERVIZO DE INFORMACIÓN MUNICIPAL POR WHATSAPP 680 45 40 85

1.– AGREGA AO CONCELLO DE VILABOA COMO CONTACTO.

Garda na túa lista de contactos o número de Servizo de Información do Concello.

2.– ENVÍA UNHA MENSAXE DE WHATSAPP, Coa palabra ALTA seguido do teu NOME +APELIDOS+PARROQUIA.

Aceptando así as condición da política de protección de datos.

» Para darte de baixa do servizo, envía unha mensaxe ao número 680 454 085 coa palabra BAIXA seguido do teu NOME e APELIDOS e a túa suscrición será cancelada.

»Este medio non é un grupo de WhatsApp polo que os seus membros non poderán interactuar entre si.

+ Información

Concello de Vilaboa
Toural nº 1, 36141 – VILABOA
Teléfono: 680 454 085
Email: info@vilaboa.org

COMUNICA INCIDENCIA A TRAVÉS DA APP "Meu Concello"

1.– DESCARGA A APP Meu Concello DENDE GOOGLE PLAY  OU APP STORE

2.– SELECCIONA O TEU MUNICIPIO

3.– SELECCIONA O TIPO DE DANO A COMUNICAR

4.– AUTOMATICAMETE A APP XEOLOCALIZAO NO MAPA

3.– ACHEGA UNHA FOTO E UN COMENTARIO

» A incidencia chega a persoa designada como responsable.
Dende ese mesmo momento comezan os trámites internos para solucionala.

» Terás información en tempo real do estado en que se encontra.

+ Información

Concello de Vilaboa
Toural nº 1, 36141 – VILABOA
Teléfono: 680 454 085
Email: info@vilaboa.org

>>  ENQUISA:  – O CAMIÑO DO SAL

Esta ENQUISA forma parte do proxecto O camiño do sal que ten por obxecto conseguir a declaración de BIC (ben de interese cultural) do complexo das Salinas de Ulló. Queremos coñecer a túa opinión sobre este lugar, así como recordos que poidas ter sobre o mesmo. Apenas precisarás duns minutos (entre 5 e 8) para completar a seguinte enquisa anónima.

Actualidade

#OTeuXacobeo
#Xacobeo2027
Impulsado pola Xunta de Galicia dentro do programa: O teu Xacobeo

Notas de prensa

VILABOA RENDE HOMENAXE Á TERCEIRA IDADE CUNHA XORNADA DE RECOÑECEMENTO COLECTIVO

A I Xuntanza “Memoria Viva” reunirá o 25 de outubro Á veciñanza maior nun encontro de afecto, convivencia e celebración .

Vilaboa, 3  de octubro de 2026. -Vilaboa prepara unha celebración profundamente simbólica e cargada de afecto: a 1ª Xuntanza dos Nosos Maiores “Memoria Viva”, unha iniciativa que quere poñer no centro ás persoas que, co seu esforzo, sabedoría e dedicación, construíron a identidade colectiva do municipio. O Concello concibe esta xornada como un agradecemento público e sentido á xeración que mantén acesa a memoria comunitaria e que continúa a ser un piar fundamental na vida social de Vilaboa.

A cita terá lugar o 25 de outubro, entre as 13:00 e as 19:00 horas, no Parque de Riomaior, fronte á Casa de Cultura, un espazo escollido pola súa comodidade e pola súa capacidade para acoller unha celebración pensada para compartir, reencontrarse e gozar en compañía e será aí onde o Concello instale unha carpa acondicionada para acoller este evento.

A programación inclúe comida, homenaxe, música e baile, nun ambiente festivo que busca recuperar o espírito das reunións de antes, esas nas que a comunidade se recoñecía, se escoitaba e se celebraba. A xornada está dirixida ás persoas maiores de 65 anos e tamén ás persoas pensionistas menores de 65 anos empadroadas en Vilaboa, que poderán participar de maneira gratuita previa inscrición.

As inscricións estarán abertas do 6 ao 16 de outubro, cun máximo de 300 prazas, que se cubrirán por orde de solicitude. O Concello anima á veciñanza a participar nun encontro que aspira a converterse nunha cita anual, un espazo de afecto e recoñecemento colectivo onde celebrar a vida compartida.

Con esta primeira edición de “Memoria Viva”, Vilaboa reafirma o seu compromiso coa terceira idade, recoñecendo o valor das súas historias, das súas vivencias e do seu papel esencial na construción dunha comunidade forte, orgullosa e unida.

VILABOA PECHOU O VILAVERÁN CON MÁIS DE 1.300 HORAS DE ACTIVIDADES PARA A INFANCIA

O 94 % das familias expresa a súa intención de repetir o programa en 2027, consolidando este servizo como esencial para a conciliación.

Vilaboa, 26  de setembro de 2026. – O balance do Vilaverán 2026, o programa municipal de conciliación que cada verán ofrece unha alternativa educativa e de lecer para a infancia do municipio, confirma o éxito dunha edición marcada pola alta satisfacción das familias. O dato máis significativo é que o 94% manifesta a súa intención de repetir en 2027, unha cifra que reforza o carácter consolidado dun servizo que combina convivencia, inclusión e apoio real á conciliación.

Nesta edición participaron 101 menores, que completaron 234 quendas e máis de 1.311 horas de actividade, entre horario normal e horario amplo. As dúas primeiras quendas acadaron ocupacións do 71 % e 77 %, respectivamente, mentres que as quendas terceira e cuarta se situaron no 45 % e 41 %, mantendo a tendencia habitual dos meses de agosto.
O Vilaverán mantivo a súa aposta pola diversidade familiar e pola inclusión: participaron 47 nenas e 54 nenos, 10 menores con discapacidade, 25 grupos de irmáns, 4 familias numerosas e 7 familias monoparentais. A distribución por idades concentrouse entre os 4 e os 7 anos, con picos de participación nos 5 anos (40 quendas) e nos 4 anos (37).
A procedencia das familias confirma o carácter municipal do programa: San Adrián (46 participantes) e Santa Cristina (21) foron as zonas con maior presenza, seguidas de Vilaboa, Figueirido e outras áreas da contorna.
O Concello mantivo o sistema de becas para garantir o acceso das familias con máis necesidades. En total, houbo 13 persoas becadas, que completaron 32 quendas e 187 horas cubertas mediante axudas municipais. O programa xerou ademais 8 empregos directos, correspondentes ao equipo de monitoras que acompañou á cativada durante todo o verán.
A análise da participación revela un alto grao de fidelización, xa que unha parte importante da cativada repetiu en varias quendas ao longo do verán. Un total de 20 menores asistiron ás catro quendas, mentres que 16 participaron en tres, 47 en dúas e 11 nunha única quenda, o que evidencia que moitas familias atoparon no Vilaverán unha solución estable e continuada para a conciliación durante os meses estivais.

As enquisas de satisfacción amosan unha valoración moi positiva das familias, con maioría de respostas entre “algo satisfeitas” e “moi satisfeitas” en todos os indicadores avaliados. Os comentarios cualitativos reforzan esta percepción: “El niño lo pasó bien y siempre traía anécdotas que contar… para el año quería volver” ou “Encantados con los monitores de este año, encantadores y muy profesionales”. As suxerencias prantexadas polas familias nestas enquisas tamén serán tidas en conta de cara a vindeiras edicións.

A concelleira de Igualdade, Carmen Gallego, destacou que o Vilaverán é “un exemplo de como a conciliación pode ser unha política pública útil, accesible e transformadora”. “Este programa demostra que cando se aposta pola conciliación de verdade, con recursos, con profesionais e con sensibilidade social, as familias responden. Que o 94 % queira volver é a mellor avaliación posible. O Vilaverán é convivencia, é igualdade e é tamén unha forma de garantir que a infancia de Vilaboa teña un verán seguro, educativo e feliz”.

Gallego subliñou ademais que o Concello seguirá reforzando o programa:“Imos continuar mellorando a organización, ampliando recursos e escoitando ás familias. A conciliación non é un luxo: é un dereito, e en Vilaboa imos seguir defendéndoo”.

VILABOA SOLICITA RECTIFICAR O DESLINDE PARA LEGALIZAR AS VIVENDAS NA COSTA

Unha reclamación fundamentada e sostida no tempo para reparar un erro administrativo que deixou centos de vivendas en situación de risco .

Vilaboa, 19  de Agosto de 2026. – O Concello de Vilaboa deu un paso decisivo para resolver unha situación que leva anos preocupando a centos de familias do municipio. O goberno local vén de presentar oficialmente ante a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, o Servizo Provincial de Costas de Pontevedra e a Subdelegación do Goberno a documentación necesaria para solicitar a rectificación do deslinde do dominio público marítimo-terrestre aprobado en 1997, co obxectivo de adecuar aquela delimitación ás Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal vixentes en 1988, seis meses antes da entrada en vigor da Lei de Costas.

A petición vai acompañada dun informe urbanístico do arquitecto municipal, que acredita que os núcleos de Paredes, Larache, O Muíño, Riomaior, Curra e Uveiras contaban, naquel momento, cos servizos mínimos esixidos pola normativa estatal e autonómica para seren considerados solo urbano ou asimilado.

A delimitación errónea realizada hai case tres décadas provocou que 262 vivendas construídas con licenza municipal quedasen incluídas na servidume de protección, xerando orde de demolicións, inseguridade xurídica e un risco evidente de responsabilidade patrimonial para o Concello. Das vivendas afectadas, 169 son anteriores á Lei de Costas e 93 posteriores, todas elas levantadas ao amparo dun planeamento municipal plenamente vixente naquel momento.

O informe técnico municipal reforza a solicitude ao demostrar que, en 1988, estes núcleos dispoñían de acceso rodado, subministración eléctrica, evacuación de augas residuais —colectiva ou mediante fosas sépticas— e abastecemento de auga, tanto por rede comunal como por captación individual. Ademais, as fotografías aéreas do Vuelo de Costas de 1989 evidencian a consolidación territorial destes asentamentos, integrados no tecido municipal e conectados mediante vías rodadas e mesmo estradas de titularidade estatal.

A rectificación solicitada por Vilaboa baséase tamén no artigo 44.5 do Real Decreto 876/2014, que permite modificar a servidume cando existan erros ou circunstancias non valoradas na tramitación do deslinde. O obxectivo é claro: axustar a delimitación á realidade urbanística existente antes da Lei de Costas e garantir a protección das familias afectadas, evitando que vivendas construídas legalmente queden sometidas a derrubo por un erro administrativo.

Esta iniciativa non é illada nin improvisada. Forma parte dun traballo intenso, sostido e coordinado que o goberno local leva anos desenvolvendo coas administracións implicadas. O Concello mantivo reunións técnicas con Urbanismo da Xunta, encontros coa Consellería de Medio Ambiente e contactos continuados con Costas do Estado, tanto a nivel provincial como en Madrid, no Ministerio, co secretario de Estado. Un esforzo que busca unha solución rigorosa, documentada e plenamente axustada á legalidade, para garantir que Vilaboa poida resolver unha situación que afecta directamente ao futuro de moitas familias.

O goberno local é consciente da dificultade que enfronta esta solicitude, pero considera que é a única vía aberta minimamente factible para dar solución a case un cento de persoas propietarias que dependen dela e agarda atopar o apoio das administracións concernidas para a consecución destes obxectivos

A CANTEIRA ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O CAMPIONATO DE GALICIA PUMPTRACK

Vilaboa convértese no punto de referencia autonómico desta disciplina técnica cun espazo deportivo estratéxico.

Vilaboa, 12  de Agosto de 2026. -Vilaboa converterase este 15 de agosto no epicentro galego do pumptrack coa celebración do Campionato de Galicia 2026, unha proba oficial da Federación Galega de Ciclismo organizada polo Club Ciclista Val do Ulló e que sitúa o Pumptrack A Canteira de Paredes como un dos espazos máis destacados para a tecnificación e a competición desta disciplina en expansión.

A presentación do evento puxo en valor o traballo conxunto entre o Concello de Vilaboa, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra, que apoian unha cita que combina deporte, convivencia e promoción dun espazo municipal integrado no contorno natural da antiga canteira. A instalación, con 300 metros de trazado en asfalto continuo, foi deseñada para acoller tanto adestramentos como competicións oficiais, e converteuse nun punto de encontro para deportistas de toda Galicia. Na presentación estiveron presentes a presidenta do Club Ciclista Val do Ulló, Jenifer Albar; o alcalde de Vilaboa, César Poza; e o director técnico da Federación Galega de Ciclismo, Alberto del Río, acompañando e reforzando o apoio institucional a esta infraestrutura deportiva.

O campionato reunirá corredores das categorías promesa, principiante, alevín, infantil, cadete, júnior, sub-23, elite e máster, tanto femininas como masculinas, nun formato de dúas mangas por participante, onde o mellor tempo determinará a clasificación final. As categorías máis novas, aínda que non optan ao título autonómico, si contarán con podio propio, reforzando así a aposta polo deporte base e pola iniciación segura no pumptrack.

A xornada comezará cos adestramentos oficiais entre as 16:00 e as 17:30 horas, que darán paso á reunión de directores deportivos e ao inicio da primeira manga. A organización lembra que é obrigatoria a confirmación da inscrición na oficina permanente, que permanecerá aberta ata media hora antes do comezo da competición.
O recinto contará cunha zonificación específica para garantir a seguridade: zona de competición, zona de público con accesos controlados, paddock para equipos, área de organización e espazo médico con ambulancia e persoal sanitario. Tamén se habilitarán áreas de aparcadoiro e unha zona para autocaravanas, mentres que o interior do recinto permanecerá restrinxido ao tráfico. As carpas dos clubes deberán solicitarse previamente a través de WhatsApp, segundo a normativa establecida pola organización.

A seguridade será un dos piares da proba, cun regulamento estrito sobre bicicletas e equipamento obrigatorio, que inclúe casco integral para a maioría das categorías, luvas completas e roupa de protección. En caso de accidente, activaranse os protocolos federativos e o programa XOGADE para menores, tendo como hospital de referencia o Quirón Salud Miguel Domínguez de Pontevedra.

Na presentación, o Concello destacou que este campionato “representa un paso adiante na consolidación de Vilaboa como sede deportiva, reforzando a visibilidade dun espazo municipal que hoxe é símbolo de dinamismo, comunidade e deporte seguro”. A organización agarda unha alta participación e unha xornada marcada pola emoción, a técnica e o ambiente familiar que caracteriza esta disciplina. O Concello de Vilaboa anima a toda a poboación a achegarse e desfrutar desta cita deportiva, pensada para compartir unha mañá de convivencia, espectáculo e apoio ao talento local e galego.

VILABOA APROBA INVESTIMENTOS POR 950.000 EUROS A MAIORES DO ORZAMENTO DE 2026

O suplemento de crédito permite reforzar a prevención de incendios, a seguridade viaria, melloras nas casas de cultura de Riomaior e Figueirido.

Vilaboa,  29  de xullo de 2026. – O pleno de Vilaboa aprobou onte unha modificación de crédito por importe de 950.000 euros, financiada integramente con remanente líquido de tesourería, que permitirá afrontar actuacións prioritarias en servizos básicos, infraestruturas e equipamentos culturais. O expediente, que quedou definitivamente validado tras a sesión, reforza partidas insuficientes para acometer investimentos que non poden demorarse, entre elas a prevención de incendios forestais, a conservación de camiños, a mellora da seguridade viaria e a reparación das casas de cultura.

A partida máis destacada corresponde á prevención de incendios, cun investimento superior aos 137.000 euros para a adquisición dun vehículo multifunción, unha motobomba, utillaxe específica e material de protección, co obxectivo de incrementar a capacidade de resposta municipal ante emerxencias e garantir a seguridade da veciñanza e do medio natural.

Tamén se inclúe a renovación da instalación semafórica en varios cruzamentos con pasos de peóns, por 52.363,80 euros, e a colocación de marquesiñas nas paradas de transporte público, cunha achega de 20.000 euros destinada a mellorar a accesibilidade e a comodidade das persoas usuarias.

No capítulo de infraestruturas, o suplemento permitirá executar reparacións no camiño de Paradellas e actuacións no marco do Plan Marco 2026-2027, como a mellora do camiño rural de Casfalcón, que suman máis de 200.000 euros en novas inversións de reposición. A Carretera Vella de Paredes recibirá un incremento para afrontar o modificado do proxecto derivado do soterramento das redes aéreas, ademais da partida correspondente á dirección de obra.

En materia cultural, destínanse 100.000 euros á reparación das casas de cultura de Figueirido e Riomaior e 15.000 euros á redacción do proxecto da futura casa de cultura de Bértola. O desenvolvemento local tamén se ve reforzado coa achega municipal de 9.134 euros ao proxecto “Roteiro Tradicional Pesqueiro Punta do Aradoiro”, subvencionado pola Consellería do Mar e o GALP Ría de Vigo-A Guarda. O expediente complétase con diversas actuacións culturais, reparacións de saneamento, asistencias técnicas e suministros necesarios para garantir o funcionamento diario dos servizos públicos.

Exención dun Plan Financieiro
Xunto a esta modificación de crédito, o pleno tomou coñecemento da exención da obriga de elaborar e manter un Plan Económico-Financeiro (PEF) para os exercicios 2026-2027, ao abeiro do Real Decreto-Lei 13/2026, de 2 de xuño. A liquidación do orzamento de 2025 reflectía un incumprimento da estabilidade orzamentaria e da regra de gasto, o que activaba automaticamente a elaboración dun PEF. Porén, o novo marco normativo establece unha excepción para aquelas entidades locais cuxo incumprimento derive do uso do remanente de tesourería ou do exceso de financiamento afectado, como ocorre en Vilaboa. Isto supón que o Concello queda liberado das medidas cercitivas previstas na Lei Orgánica 2/2012, eliminando restricións adicionais e permitindo unha xestión económica máis flexible sen renunciar ao rigor.

Desde o goberno local subliñan que estes acordos “permiten deixar atrás un escenario de restricións inxustas para un Concello sen débedas, que paga rápido e que ten aforros para gastar e, ao mesmo tempo, activar investimentos moi necesarios para o día a día da veciñanza, especialmente en materia de prevención de incendios, mantemento das infraestruturas e mellora dos equipamentos culturais”.

VILABOA AVANZA NA CONSTRUCCIÓN DA NOVA EDAR DE ARCADE NUN ACORDO ESTRATÉXICO PARA O SANEAMENTO DA RÍA

O Concello destaca o impacto ambiental e económico da actuación e reclama a incorporación da Deputación ao financiamento do proxecto.

Vilaboa, 28  de xullo de 2026. – Os concellos de Vilaboa, Soutomaior e Pontevedra acadaron un acordo con Augas de Galicia para impulsar a construción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais en Arcade, unha infraestrutura chamada a transformar o sistema de depuración do fondo da ría de Vigo e da Enseada de San Simón. Os convenios entre as tres administracións locais e o organismo autonómico están xa asinados, quedando só pendentes os últimos trámites administrativos para iniciar o desenvolvemento dun proxecto histórico que levaba anos sen avances, segundo anunciaron esta mañán Manuel Lourenzo , alcalde de Soutomaior; Eva Vilaverde, concelleira de Pontevedra e César Poza, alcalde de Vilaboa

A nova depuradora permitirá substituír a instalación actual, completamente obsoleta, e incorporar tecnoloxías de última xeración que garantirán unha mellora substancial da calidade das augas e da protección ambiental nun espazo de alto valor ecolóxico. A actuación facilitará ademais a recuperación do enclave ocupado pola EDAR existente, contribuíndo á posta en valor da fachada marítima de Arcade e reducindo o impacto paisaxístico da infraestrutura.

O alcalde de Vilaboa, César Poza, subliñou que a relevancia do proxecto vai máis alá do servizo directo ás parroquias que verterán á nova instalación. “Para Vilaboa, a importancia desta EDAR está no que supón para o fondo da ría e para o seu saneamento. É unha obra demandada historicamente, fundamental para moitas familias das confrarías de Arcade e de Pedro Oliveira que viven ou viviron do mar e que están atravesando unha situación crítica. Agardamos que esta infraestrutura sexa o punto de partida para rexenerar unha ría que foi unha fonte de riqueza e que merece unha oportunidade de recuperación”, afirmou.

Poza explicou que Vilaboa asume esta actuación “por compromiso ambiental e pola necesidade de avanzar nun proxecto imprescindible”, malia que o concello se atopa cun escenario inesperado que obriga a asumir unha achega económica moi elevada. “De repente atopámonos cunha situación dada, sen saber se por deixadez da Xunta ou do anterior goberno de Soutomaior, que nos obriga a asumir un 20% do custo da obra. Para Vilaboa isto supón arredor de medio millón de euros, máis dun 20% do noso orzamento anual. É un esforzo enorme, pero asumímolo porque a ría o necesita e porque non podemos permitirnos perder máis tempo”, sinalou.

O alcalde reclamou tamén a implicación da Deputación de Pontevedra, lembrando que se trata dunha infraestrutura supramunicipal e estratéxica para toda a provincia. Ademais, Poza solicitou que Augas de Galicia impulse de maneira decidida a creación da Mancomunidade que garantirá o abastecemento de auga ao municipio, imprescindible para que Vilaboa poida contar cunha rede propia. “Igual que agora asumimos un compromiso que nos vén dado, necesitamos ser correspondidos. Dispor dunha rede de abastecemento é clave para desenvolver o PXOM, habilitar novos solos industriais e residenciais e afrontar novos retos e investimentos. É o momento de que todas as administracións se impliquen”, concluíu.

Taboeiro de anúncios

CORRECCIÓN DE ERROS BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A PERSOAS E ENTIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DE VILABOA – 2026 (DEPORTE FEDERADO) E NOVA CONVOCATORIA (CÓDIGO BDNS 913290)

Bases (CÓDIGO BDNS 913290).

PROPOSTA DE NORMATIVA PARA A ADOPCIÓN DUNHA ORDENANZA REGULADORA DA LIMPEZA DE TERREOS E XESTIÓN DE BIOMASA PARA A PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS.

Os cidadáns e organizacións ou asociacións poden achegar as súas opinións sobre a mesma durante o prazo de 10 días dende o día seguinte ao da súa publicación do presente anuncio na sede electrónica e na web municipal. 

Proposta de normativa 

LISTA DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS AO PROCESO DE SELECCIÓN:1 PERSOA TITULADA CON GRAO OU DIPLOMATURA FORESTAL, AGRARIA, PROTECCIÓN CONTRA INCENDIOS OU EQUIVALENTE – A2, E 1 TÉCNICO/A ADMINISTRATIVO.
BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL MEDIANTE CONTRATO FORMATIVO PARA ADQUIRIR PRÁCTICA PROFESIONAL PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE VILABOA.

Bandos e avisos

>> Ampliar información

(Bursaphelenchus xylophilus)

>>  Proxecto O CAMIÑO DO SAL

Esta enquisa forma parte do proxecto O camiño do sal que ten por obxecto conseguir a declaración de BIC (ben de interese cultural) do complexo das Salinas de Ulló.

Queremos coñecer a túa opinión sobre este lugar, así como recordos que poidas ter sobre o mesmo. Apenas precisarás duns minutos (entre 5 e 8) para completar a seguinte enquisa anónima.

>> Acceso a enquisa

Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vinculadas ás Salinas do Ulló

95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.

A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.

A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.

NOVA WEB : https://salinasdoullo.gal/

O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico

O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.

O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.

A axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.

O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.