Actualidade

O CONCELLO DE VILABOA PECHA AS CONTAS DE 2024 CUN REMANENTE DE 2,4 MILLÓNS DE EUROS
As partidas para investimentos superaron os 2 millóns, o que supón un incremento do 68% con respecto ao ano anterior. Vilaboa, 5 abril 2025. O Concello de Vilaboa deu luz verde na última sesión plenaria á liquidación do orzamento de 2024 que reflexa a excelente saúde...

O CONCELLO INCLÚE A REFORMA DO VIAL DA RAMALLEIRA NO PLAN DE ASFALTADOS PARA 2025
Mellorarase a seguridade vial en todo o trazado e canalizaranse as augas pluviais. Vilaboa, 4 de abril 2025. O Concello de Vilaboa inclúe nas obras a executar este ano 2025 no Plan Máis Provincia o asfaltado dun vial principal e outro secundario na Ramalleira co...

O MINISTERIO DE TRANSPORTE ABRE A POSIBILIDADE DE CONVERTER A ANTIGA VÍA FÉRREA EN SENDA VERDE
Ofrece un convenio de cesión dos terreos e César Poza pide a implicación de todas as administracións para sacar adiante un ambicioso proxecto de ámbito autonómico Vilaboa, 2 de abril 2025.- O Ministerio de Transporte y Movilidad Sostenible deixa unha porta aberta á...

O CONCELLO PROGRAMA A PRIMEIRA FASE DA HUMANIZACIÓN DO NÚCLEO DE BARCIELA
Os traballos consistirán en asfaltados, incorporación de sobreanchos e medidas de seguridade viaria coa instalación de redutores de velocidade. Vilaboa, 2 de abril 2025.- O Concello de Vilaboa comezará en breve os traballos da primeira fase da humanización de...

A MORADA PON ESTE SÁBADO A BROCHE FINAL Á CELEBRACIÓN DO ENTROIDO DE COBRES
A Asociación Cultural Cobres adica a xornada a recoñecer a implicación de madamas, galáns, músicos e colaboradores para manter viva unha tradición milenaria. Vilaboa, 27 de marzo 2025.- A Asociación Cultural Cobres celebra este sábado día 29 a Morada unha xornada para...
Taboeiro de anúncios
⇒ REPARTO DE COMPOSTEIROS
⇒ PRÉSTAMO DE BIOTRITURADORAS
Contacta con nós !
composteiros@vilaboa.org
986 708 215

Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vinculadas ás Salinas do Ulló
95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.
A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.
A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.
O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico
O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.
O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.
A axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.
O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.
O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2021 UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A ELABORACIÓN DO I PLAN DE IGUALDADE DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE VILABOA E PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO LABORAL, SEXUAL E POR RAZÓN DE SEXO E ACOSO DISCRIMINATORIO POR UN IMPORTE DE 4.320,54 euros.
https://vilaboa.gal/igualdade/
O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2021 UNHA SUBVENCIÓN DA
DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA AXUDAS DE EMERXENCIA
SOCIAL, POR IMPORTE DE 7.500€ PARA GASTO CORRENTE E 4000€ PARA
GASTOS DE INVERSIÓN
TIPOLOXÍA DAS AXUDAS QUE SE PRESTARON NESTE CONCELLO
• COBERTURA DE GASTOS DE ALIMENTACIÓN , HIXIENE , LIMPIEZA ETC
DAS FAMILIAS EN SITUACIÓN ECONÓMICA VULNERABLE. • PAGO DE DÉBEDAS DE ALUGUER
• ADQUISICIÓN DE ENXOVAL DOMÉSTICO
• ADQUISICIÓN DE LEÑA
• GAFAS
• ADQUISICIÓN DE ELECTRODOMÈSTICOS BÁSICOS
• ADQUISICIÓN DE MOBIIARIABO BÁSICO.