Casa do Concello

Entroido de Cobres - Madamas e Galáns

Vista dende o Muelle de San Adrian de Cobres

As Salinas do Ulló

As Salinas do Ulló

Ría de Vigo

Actualidade

Taboeiro de anúncios

REPARTO DE COMPOSTEIROS
PRÉSTAMO DE BIOTRITURADORAS

Contacta con nós !
composteiros@vilaboa.org
986 708 215

Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vinculadas ás Salinas do Ulló

95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.

A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.

A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.

O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico

O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.

O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.

A axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.

O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.

O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2021 UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A ELABORACIÓN DO I PLAN DE IGUALDADE DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE VILABOA E PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO LABORAL, SEXUAL E POR RAZÓN DE SEXO E ACOSO DISCRIMINATORIO POR UN IMPORTE DE 4.320,54 euros.
https://vilaboa.gal/igualdade/

O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2021 UNHA SUBVENCIÓN DA
DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA AXUDAS DE EMERXENCIA
SOCIAL, POR IMPORTE DE 7.500€ PARA GASTO CORRENTE E 4000€ PARA
GASTOS DE INVERSIÓN
TIPOLOXÍA DAS AXUDAS QUE SE PRESTARON NESTE CONCELLO
• COBERTURA DE GASTOS DE ALIMENTACIÓN , HIXIENE , LIMPIEZA ETC
DAS FAMILIAS EN SITUACIÓN ECONÓMICA VULNERABLE. • PAGO DE DÉBEDAS DE ALUGUER
• ADQUISICIÓN DE ENXOVAL DOMÉSTICO
• ADQUISICIÓN DE LEÑA
• GAFAS
• ADQUISICIÓN DE ELECTRODOMÈSTICOS BÁSICOS
• ADQUISICIÓN DE MOBIIARIABO BÁSICO.