SERVIZO DE INFORMACIÓN MUNICIPAL POR WHATSAPP 680 45 40 85

1.– AGREGA AO CONCELLO DE VILABOA COMO CONTACTO.
Garda na túa lista de contactos o número de Servizo de Información do Concello.
2.– ENVÍA UNHA MENSAXE DE WHATSAPP, Coa palabra ALTA seguido do teu NOME +APELIDOS+PARROQUIA.
Aceptando así as condición da política de protección de datos.
» Para darte de baixa do servizo, envía unha mensaxe ao número 680 454 085 coa palabra BAIXA seguido do teu NOME e APELIDOS e a túa suscrición será cancelada.
»Este medio non é un grupo de WhatsApp polo que os seus membros non poderán interactuar entre si.
+ Información
Concello de Vilaboa
Toural nº 1, 36141 – VILABOA
Teléfono: 680 454 085
Email: info@vilaboa.org
COMUNICA INCIDENCIA A TRAVÉS DA APP "Meu Concello"

1.– DESCARGA A APP Meu Concello DENDE GOOGLE PLAY OU APP STORE
2.– SELECCIONA O TEU MUNICIPIO
3.– SELECCIONA O TIPO DE DANO A COMUNICAR
4.– AUTOMATICAMETE A APP XEOLOCALIZAO NO MAPA
3.– ACHEGA UNHA FOTO E UN COMENTARIO
» A incidencia chega a persoa designada como responsable.
Dende ese mesmo momento comezan os trámites internos para solucionala.
» Terás información en tempo real do estado en que se encontra.
+ Información
Concello de Vilaboa
Toural nº 1, 36141 – VILABOA
Teléfono: 680 454 085
Email: info@vilaboa.org
Actualidade
>> ENQUISA: – O CAMIÑO DO SAL
Esta ENQUISA forma parte do proxecto O camiño do sal que ten por obxecto conseguir a declaración de BIC (ben de interese cultural) do complexo das Salinas de Ulló. Queremos coñecer a túa opinión sobre este lugar, así como recordos que poidas ter sobre o mesmo. Apenas precisarás duns minutos (entre 5 e 8) para completar a seguinte enquisa anónima.
Reunión do vindeiro mércores 29 de outubro ás 9:00, no salón de plenos na Casa do Concello, para a adhesión á rede MOVE do comercio local.
>> Proxecto O CAMIÑO DO SAL
Esta enquisa forma parte do proxecto O camiño do sal que ten por obxecto conseguir a declaración de BIC (ben de interese cultural) do complexo das Salinas de Ulló.
Queremos coñecer a túa opinión sobre este lugar, así como recordos que poidas ter sobre o mesmo. Apenas precisarás duns minutos (entre 5 e 8) para completar a seguinte enquisa anónima.
(Bursaphelenchus xylophilus)
Taboeiro de anúncios
BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A PERSOAS E ENTIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DO VILABOA – 2025 (DEPORTE FEDERADO) (CÓDIGO BDNS 843737)
BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS AS ASOCIACIÓNS DO AMBITO VECIÑAL, POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE O ANO 2025
PROCESO SELECTIVO DE DÚAS PRAZAS DE OPERARIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES NO CADRO DE PERSOAL FIXO, POR SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN, EN QUENDA LIBRE
SAE A CONCURSO A LICITACIÓN PARA A EXPLOTACIÓN DOS QUIOSCOS DE DEILÁN E DO AREEIRO.

O prazo para presentación a documentación está aberto ata o 9 de abril.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe as bases que rexirán a licitación das instalacións de temporada nas praias de Deilán, en Santa Cristina e O Areeiro, en Paredes. En ambos casos trátase de instalacións de 12 metros cadrados con terraza, que en Deilán será de 60 metros cadrados mentras que en O Areeiro é de 30.
A persoa ou empresa que resulte adxudicataria poderá instalar un quiosco con terraza no espazo da concesión desde o 1 de maio ata o 31 de outubro deste ano, ainda que este periodo é susceptible de prórroga por tres anos máis en función da autorización do Servizo Provincial de Costas.
As persoas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o 9 de abril para presentar a documentación requerida, que poden consultar a través de perfil do contratante en www.vilaboa.org; https://vilaboa.sedelectronica.es/info.
Poderán presentar proposicións as unións de empresarios que se constitúan temporalmente ao efecto, sen que sexa necesaria a formalización das mesmas en escritura pública ata que se efectúe a adxudicación do contrato ao seu favor. As persoas empresarias que concorran agrupadas en unións temporais quedarán obrigadas solidariamente e deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da unión, con poder bastante para exercitar os dereitos e cumprir os deberes que do contrato se deriven, incluso a extinción, sen prexuízo da existencia de poder mancomunado que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa.
Os prezos de licitación mínimos para estes dous espazos son de 800 euros por anualidade para o quiosco de Deilán e de 300 para o de O Areeiro.
O adxudicatario ademais terá que pagar anualmente o canon e depositar a fianza que fixe o Servizo Provincial de Costas de Pontevedra cando autorice as instalacións de temporada.
SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL (PROGRAMAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO A TRAVÉS DE CONTRATOS PARA A MELLORA DA OCUPABILIDADE E INSERCIÓN LABORAL POLAS ENTIDADES LOCAIS DE PERSOAS DESEMPREGADAS E INSCRITAS NA OFICINA DE EMPREGO) PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE VILABOA.
Notas de prensa
VILABOA, CON LETRAS XL ILUMINADAS, CONVIDA A DESCUBRIR UN RENOVADO FORNO DO CAL
Concello recepciona unha actuación que dota ao entorno dunha área de aparcamento, adoquina o acceso, crea un esceario e instala paneis informativos.
Vilaboa, 28 de outubro de 2025.- O alcalde de Vilaboa, César Poza, asinou esta mañán a acta de recepción da obra de remodelación da contorna do Forno do Cal, unha actuación o acondicionamento dun amplo espazo de estacionamento á beira da estrada N-554 e a instalación do nome de Vilaboa en vistosas letras, iluminadas de noite, e visibles desde o outro lado da ría.
O topónimo en letras tamaño XL, en cor ocre e dun material resistente ás inclemencias do tempo, da así a benvida a quen se adentre no municipio procedente da rotonda de interconexión co Morrazo e coa AP-9 reforzando a imaxe de marca local e convertendo este recuncho nun lugar idóneO para quenes queiran inmortalizar en redes o seu paso por este enclave.
O adoquinado do vial de acceso con canalización para as augas pluviais, a construcción dunha pequena praza que distribúe o sendeiro ata a praia e ata o Forno, a colocación dunha barandilla de suxeitamento e a dotación dun esceario accesible para a organización de actos neste entorno completan unha obra que, entre outras moitas cousas, solventa as carencias de aparcamento deste enclave garantizando tamén unha maior seguridade viaria.
Os traballos incluiron tamén a colocación de numerosos puntos de luz solar que iluminan os paneis informativos, o perímetro da senda adoquinada, o nome de Vilaboa e a pequena praza que distribúe todo o entorno.
A posta en valor do Forno do Cal comezou no ano 2022 coa recuperación deste elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa, un entorno que hoxe é xa escenario de encontros e actividades de reunión coa veciñanza, ademáis dun elemento de alto valor didáctico co que traballan os centros escolares do municipio.
A recuperación deste entorno forma parte dun ambicioso proxecto no que o Concello contou coa colaboración da empresa Pesca Puerta propietaria da parcela, e coa Comunidade de Montes de San Adrián que cedeu os terreos .
“Este entorno, totalmente oculto pola maleza hai tan so uns anos, é hoxe unha auténtica xoia patrimonial da que toda a veciñanza de Vilaboa se sinte orgullosa. O tamaño das letras e a iluminación que ten todo o ámbito fai que o Forno do Cal brile dun xeito espectacular ata desde o outro lado da Ría”, explica César Poza que apela á colaboración de toda a cidadanía para preservar intacta esta área. “Coidala é unha responsabilidade compartida”, conclúe.
O GOBERNO LOCAL RESPALDA A MANIFESTACIÓN DA ANPA DO TOURAL CONTRA OS RECORTES NO CENTRO
Convida á veciñanza a secundar a convocatoria para que Educación repoña o profesorado auxiliar e o especializado en audición e linguaxe.
Vilaboa, 27 de outubro de 2025.- O Concello de Vilaboa, en defensa dunha educación pública de calidade, convoca á cidadanía a participar e respaldar a manifestación convocada pola ANPA O Toural contra os recortes aplicados pola Xunta de Galicia neste centro educativo e que afectan directamente ás familias e alumnado do municipio. A manifiestación terá lugar este xoves día 30 ás 20 horas e percorrerá a distancia entre o centro educativo e o Concello de Vilaboa.
Os recortes implementados pola Consellería de Educación están a xerar graves consecuencias para a comunidade educativa de Vilaboa tanto en materias de audición e linguaxe como en profesorado auxiliar.
Así, e segundo confirmou a dirección do centro escolar ao alcalde de Vilaboa, César Poza, a atención especializada queda limitada aos casos extremos, deixando sen cobertura a numerosos nenos e nenas con diferentes problemáticas derivadas da linguaxe que viñan sendo atendidos. Esta situación obriga a moitas familias a buscar logopedas privados, o que supón un custo económico inasumible para moitos fogares e un agravamento das desigualdades educativas.
Os recortes de persoal dificultan a realización das gardas escolares. O colexio do Toural, que precisa profesorado de garda paracubrir dúas entradas por cuestións de organización e seguridade, afronta serias dificultades para garantir unha vixilancia axeitada. Esta carencia pode derivar en situacións de risco para o alumnado e incluso a eliminación de saídas educativas por falta de persoal no cadro docente
O goberno local de Vilaboa alerta de recortes cada vez máis frecuentes en áreas tan básicas como a educación e a sanidade. “Os servizos públicos véñense vendo mermados, e xa comezamos a ver as súas consecuencias nas nosas vilas”, apunta César Poza.
O Concello de Vilaboa fai un chamamento á participación cidadá activa para defender os dereitos fundamentais da comunidade educativa. “É responsabilidade de todos e todas loitar por unha educación pública, gratuíta e de calidade que garanta a igualdade de oportunidades para todo o alumnado, con independencia da súa situación económica ou das súas necesidades educativas específicas”, argumenta o alcalde de Vilaboa que ademáis indica que “a educación pública é un pilar fundamental dunha sociedade xusta e equitativa. Os recortes na atención especializada, no profesorado de apoio e nos recursos educativos supoñen un retroceso nos dereitos sociais que non podemos permitir”.
Por elo, o goberno local convoca a toda a veciñanza de Vilaboa a participar na manifestación para reclamar a reversión dos recortes en educación; a restauración das horas de atención especializada en audición e linguaxe; a recuperación do profesorado auxiliar eliminado e un compromiso firme da Xunta de Galicia coa educación pública de calidade.
“A educación é un dereito, non un privilexio”, conclúe César Poza.
O CONCELLO ADXUDICA POR 55.553 EUROS A MELLORA DAS PISTA DE POUSADA E CORUXEIRO
Os viais, que dan acceso a fincas agrícolas, contarán tamén con lombos de calmado do tráfico rodado.
Vilaboa, 22 de outubro de 2025.-O Concello de Vilaboa acaba de adxudicar o reasfaltado do vial de Pousada, en San Adrián e o de Coruxeiro, en Vilaboa, cun importe de 55.553 euros co Plan Marco, que garante a mellora de camiños de titularidade municipal de acceso a parcelas agrícolas. Este investimento facilitará o paso a 16 fincas no caso de Pousada, en San Adrián e a 13 en Coruxeiro,en San Martiño.
Trátase dunha actuación de mellora que consiste no tendido dunha nova capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de espesor así como na canalización das augas pluviais. Limparanse e perfilaranse as cunetas existentes e executaranse obras de drenaxe lonxitudinal coa renovación de medios canos nos tramos que sexa necesario. Ademais, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, na medida do posible ampliarase a sección da calzada gañando a superficie dalgúns sobreanchos.
A maiores, na zona de Pousada para salvar algúns desniveis do terreo e para garantir a seguridade viaria farase un muro de contención granítico que funcionará tamén a modo de banco.
A actuación nestas pistas complétase coa execución de lombos redutores de velocidade e pintado de marcas laterais de calzada mediante pintura reflexiva e microesferas de vidro, así como marcaxe de letreiros para sinalización horizontal. Tamén se colocarán sinais de tráfico verticais en poste galvanizado
Para César Poza, alcalde de Vilaboa, a mellora destes dous novos viais nos que as obras se realizarán de xeito inmediato reforza a calidade da rede viaria municipal, dando prioridade a aquelas que conectan os principais núcleos de poboación pero sen esquecer as pistas secundarias que dan acceso a parcelas de explotación agraria. Poza recoñece que nun municipio tan grande en extensión e con núcleos tan dispersos resulta complexo para a administración local manter todas as estradas en óptimas condicións. “Pouco a pouco actuaremos en todas, mellorando o firme e sobre todo implementando medidas de calmado do tráfico e de seguridade para os peóns”.
VILABOA SÚMASE Á DIXITALIZACIÓN DO TERRITORIO E ACTUALIZA A SÚA NOMENCLATURA E NUMERACIÓN
O Concello súmase ao Plan +Rieiro e complementa esta revisión dotando de nova imaxe corporativa o cómputo das vivendas.
Vilaboa, 20 de outubro de 2025.- O Concello de Vilaboa da un paso adiante na transformación dixital e modernización do territorio con dúas actuacións que se van desenvolver en paralelo e ao mesmo tempo. Por una parte a administración local está inmersa na revisión da nomenclatura de núcleos e lugares e na revisión da numeración de cada zona poboada.
Deste xeito en breve comezarase a colocación, de xeito totalmente gratuito, dun novo modelo de numeración de cada vivenda, dándolle así unidade estética a todo o municipio e facilitando o traballo tanto do persoal de Correos, como de transportistas e mensaxeiros.
Por outra banda, o Concello adheriuse ao plan +Rueiro, de transformación dixital e modernización de municipios da Deputación Provincial para actualizar o censo das vivendas.
Este convenio permitirá ao Concello realizar unha análise exhaustiva da información existente sobre o territorio municipal, revisando a nomenclatura oficial dos lugares e núcleos segundo os datos do INE e contrastando a situación actual da numeración dos inmobles. A cartografía seleccionada será preparada e adaptada para servir de base na fase de dixitalización, creando un proxecto en formato dixital compatible con sistemas de información xeográfica.
Sobre esta base integraranse diferentes fontes de datos, como os ficheiros catastrais e estatísticos municipais, ademais doutras capas relevantes como ortofotos ou calquera outro tipo de información que facilite o traballo técnico e de campo.
Implementarase unha plataforma baseada en software libre que permita xestionar e visualizar toda a información recompilada, vinculando cada inmoble co seu correspondente número municipal e a súa referencia catastral. Esta ferramenta contará con funcionalidades que favorezan a consulta e localización precisa dos elementos incluídos. Ademais, elaboraranse ficheiros específicos para facilitar a posterior actualización das bases de datos do Catastro e do INE, incorporando os cambios e correccións derivados do proceso de revisión. Cando a análise inicial non permita determinar a numeración exacta de determinados inmobles, realizaranse visitas sobre o terreo co obxectivo de identificar fisicamente os números existentes, detectar construcións sen numerar e comprobar a correspondencia entre a súa localización e os datos catastrais dispoñibles. Esta fase permitirá corrixir posibles erros e completar a información
Unha vez reunidos todos os datos, procederase á súa análise, comparando a numeración oficial coa información do Catastro e completando o rexistro de cada elemento coa súa referencia, nome do titular, e calquera numeración anterior e nova. No caso de detectar edificios sen numeración ou situacións que requiran renumeración para mellorar a coherencia do rueiro, estableceranse propostas que serán comunicadas ao Concello para a súa validación e posterior notificación aos propietarios afectados. O traballo someterase a exposición pública antes da súa aprobación formal.
O CONCELLO DE VILABOA REDUCE O PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES A 7,9 DÍAS
A Conta Xeral recén aprobado reflexa unha excelente saúde financiera cun superávit estutural, o cumprimento da regra de gasto e a ausencia de débed.
Vilaboa, 13 de outubro de 2025.- A recente aprobación en pleno da Conta Xeral de 2024 demostra a boa saúde financieira do Concello de Vilaboa resultado dun modelo de xestión dos recursos municipais baseado no cumprimento dos parámetros legais sen renunciar ao reforzo dos servizos á veciñanza.
Así, a Conta Xeral 2024 reflexa un superávit estrutural de 471.088 euros así como o cumprimento estricto dos principais parámetros fiscais no que se refire á estabilidade orzamentaria, regra de gasto e débeda pública. O Concello cumpre tamén coa regra de gasto establecido pola normativa vixente, ao situarse por debaixo do límite marcado por lei.
En canto ao pago a proveedores, Vilaboa baixou o promedio dos 14,43 días de media do 2023 aos 7,92 días da anualidade 2024, mellorando sustancialmente o seu ratio, un parámetro do que o goberno local se amosa especialmente satisfeito.
En canto ao grado de execución do orzamento en 2024 este sitúase nun 99,47% o que implica unha áxil capacidade de xestión para executar os investimentos previstos. Cabe destacar tamén a total ausencia de débeda, sen ningúnha operación de préstamos nin a medio a longo prazo dende o ano 2020.
“Estes datos son a evidencia dunha xestión responsable e sostible e unha garantía de seguridade no cumprimento do calendario de traballo que presentamos cando se aprobou o orzamento de 2024”, explica César Poza.
“A Conta Xeral corrobora que temos débeda cero e unha execución orzamentaria moi eficiente. Estamos satisfeitos con este resultado sobre todo porque nos da marxe para seguir investindo e avanzando cara ese proxecto de desenvolvemento que temos para Vilaboa e que nos permite ter en marcha agora mesmo proxectos ambiciosos que avanzan de xeito paralelo á dotación de servizos básicos como é a extensión da rede de saneamento e a mellora da rede viaria”, conclúe César Poza.
O CONCELLO SOLICITA Á XUNTA A DOTACIÓN DUNHA MOTOBOMBA LIXEIRA PARA PROTECCIÓN CIVIL
O volume de intervencións, a orografía e dispersidade de Vilaboa xustifican o reforzo para unha agrupación de voluntarios de referencia na contorna .
Vilaboa, 7 de outubro de 2025.-
O Concello de Vilaboa solicita da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior a dotación dunha motobomba lixeira de carácter urbano, un equipamento considerado imprescindible dadas as especiais características xeográficas e de risco do municipio.
A petición, respaldada polos 17 voluntarios que compoñen a agrupación de Protección Civil de Vilaboa, entre os que se encontran varios profesionais de distintos servizos de emerxencias–, xorde tras unha exhaustiva análise de riscos e do elevado número de intervencións realizadas. No que vai de ano, rexistráronse máis de 70 avisos de emerxencias nas que un camión con equipación especializada resultou necesario.
“Temos unha agrupación de protección civil que está funcionando perfectamente”, destaca o alcalde de Vilaboa, César Poza, quen recorda que regularmente recibe felicitacións dos efectivos do medio rural polo seu traballo e profesionalidade demostrada en cada intervención, especialmente durante os incendios do pasado verán.
A AVPC Vilaboa consegue tempos de resposta de entre 8 e 10 minutos a calquera punto do concello, o que resultou determinante para evitar que pequenos incendios se estendan, liberar atrapados en accidentes de tráfico sen demorar a asistencia sanitaria, e realizar rescates sen ocupar o único retén de bombeiros da comarca. En contraste, o parque de bombeiros máis próximo (Bueu) non baixa dos 35 minutos de resposta cando está dispoñible, e noutros casos o servizo procede de Mos (GES) con tempos superiores aos 40 minutos.
Un municipio de alto risco
Vilaboa presenta circunstancias extraordinarias que xustifican esta dotación como son a súa orografía accidentada, con 39 km² cunha altitude que oscila desde os 0 aos 660 metros, con zonas de difícil acces; máis do 80% de superficie cuberta de masa forestal, gran parte sen aproveitar e con alta densidade de combustible; 6.000 habitantes repartidos en 5 parroquias e ducias de barrios dispersos; industrias de tamaño considerable con risco de incendios industriais (Connorsa, Shelter-Lirón, fábricas de mobles, desguaces) e tres gasolineiras e vías de altísima densidade de tráfico (AP-9, N-554, N-550, A57)
O gran incendio de Santa Cristina do pasado verán, que acadou o nivel 2 e arrasou 80 hectáreas, evidencia o potencial risco ao que se enfronta o municipio.
A motobomba lixeira de carácter urbano solicitada non só daría servizo no verán ante incendios, senón durante todo o ano para diversos tipos de incidencias como inundacións, problemas relacionados coas choivas, tormentas de inverno, accidentes de tráfico con atrapados e rescates en distintos ámbitos.
Actualmente, a agrupación conta con dous vehículos: un turismo de 23 anos e unha Pick Up de 12 anos equipada cunha mini motobomba de 500 litros instalada artesanalmente. “Estamos baixo mínimos cos vehículos que temos para semellante volume de servizos urxentes”, alertan os voluntarios polo que César Poza solicita á Xunta que “colabore con nós para dotarnos deste medio tan necesario para garantir a seguridade en Vilaboa e a eficiencia do traballo dos voluntarios”.
Bandos e avisos
⇒ REPARTO DE COMPOSTEIROS
⇒ PRÉSTAMO DE BIOTRITURADORAS
Contacta con nós !
composteiros@vilaboa.org
986 708 215
Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vinculadas ás Salinas do Ulló

95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.
A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.
A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.
NOVA WEB : https://salinasdoullo.gal/
O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico

O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.
O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.
A axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.
O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.









Descargar tríptico.
















