Auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa.
Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Dita lei establece na súa Disposición adicional segunda que, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Igualmente, deberán publicar a porcentaxe de perda de auga na sede electrónica da administración correspondente.
Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de Vilaboa, calculouse que, a porcentaxe de perda de auga é do 34,47 %.
Dentro do proceso de elaboración da Estratexia de desenvolvemento Local participativo (EDLP) 2023_2027 para as comarcas de Pontevedra e o Morrazo, o GDR, puxo e marcha diferentes espazos de participación de carácter presencial e virtual, abertos a cidadanía, nos que calquera persoa ou entidade poderá opinar e facer as súas achegas, propostas ou suxestións sobre as seguintes temáticas específicas e transversais:
- Día 22/11: Grupo estratéxico de Innovación e Desenvolvemento Sustentable (Presencial). Sede GDR Pontevedra Morrazo
- Día 24/11: Grupo estratéxico da Cohesión social e Equilibrio territorial (Virtual)
- Día 24/11: Grupo estratéxico sobre Transformación dixital e Novas tecnoloxías (Virtual)
Ademais, para rematar esta 1ªfase do proceso participativo contrastaremos nun foro virtual, a Diagnose realizada e a definición de prioridades estratéxicas para o territorio:
- Día 30/11: Foro virtual de contraste da diagnose e obxectivos estratéxicos
Para participar en calquera destes espazos, é necesario inscribirse na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScqne3h6TTgv_wqcYA0Ru7sXlLx5rD3Ih6G2o-qzu3EbKocxw/viewform
O Concello de Vilaboa, como integrante do GDR Pontevedra Morrazo, quere dar difusión a animar a participar a colectivos, asociacións e persoas emprendedoras no Foro de Desenvolvemento Rural.
O vindeiro martes, 08 de novembro, ás 19:00h., no Pazo da Cultura de Pontevedra, o GDR Pontevedra Morrazo vai celebrar o PRIMEIRO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL 2023_27 para elaborar o diagnóstico do territorio.
O Foro está concibido como un espazo aberto e de encontro, no que calquera persoa ou entidade pode participar, achegando propostas e ideas que axuden a construír a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa para as comarcas de Pontevedra e O Morrazo.
Máis información,
https://www.gdrpontevedramorrazo.eu/web/
https://www.facebook.com/gdrpontevedramorrazo/
https://www.instagram.com/gdrpontevedramorrazo/
Queremos coñecer a túa opinión, para realizar unha reflexión diagnóstica da situación actual e das potencialidades do territorio, identificando os principais puntos fortes e febles, e marcando os retos e prioridades para os vindeiros anos.
Por un rural vivo, dinámico e integrador, PARTICIPA NO FORO DE DESENVOLVEMENTO RURAL PONTEVEDRA MORRAZO, A TÚA VOZ CONTA, TODOS SOMOS GDR !!
Quedades convidados a o “Roteiro interpretativo eco-pedagoxico das Salinas do Ulló” que terá lugar o vindeiro día 20 de agosto ás 10:30h. Trátase dun roteiro polo entorno das Salinas, durante o cal identificaremos toda a fauna e flora que atopemos. Este formato de evento de ciencia cidadá é coñecido como bioblitz (ou biobúsqueda) e consiste en facer un esforzo comunitario para rexistrar o maior número posible de especies nun lugar. Esta proposta trata de dar a coñecer os seres que poboan esta paisaxe de sal dun xeito ameno. A actividade está organizada polo Concello de Vilaboa dentro do proxecto de re-valorización do entorno das Salinas do Ulló que están levando acabo con fondos dos Galp.
O punto de partida deste roteiro é o aparcadoiro das Salinas, e para participar só é preciso levar un teléfono con conexión a internet e roupa e calzado cómodos. O percorrido, de dificultade baixa, é duns 3,5 km e estaremos acompañados por un biólogo que nos dará claves para identificar a fauna e flora que vaiamos atopando.
Podedes anotarvos neste enlace: https://forms.gle/1AjRpWquZG5b3x3X6.
Recomendámosvos que traiades o móbil ben cargado para que a batería dúre as aproximadamente 3h que durará o evento.
Animádevos a participar!
Xandro García. Corrdinador do evento.
Máis información en:
Actualidade
Entroido de Cobres 2022
Sábado 26 de Febreiro, domingo 27 de Febreiro, luns 28 de Febreiro (Luns de Maghachos) e Martes 1 de Marzo (MARTES de ENTROIDO)
Probas para obter o graduado en ESO para maiores de 18 anos
MATRICULA: DO 7 ao 17 de MARZO,
DO 1 ao 8 de XULLO
Nos centros educativos que especifica o DOG
Datas dos exames: 20 de maio e 2 de setembro
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220216/AnuncioG0598-070222-0001_gl.pdf
Presentación Entroido de Cobres 2022
Presentación do Entroido de Cobres polas parroquias de Vilaboa.
Sábado 19 e domingo 20 de febreiro.
CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS COVID MEDIANTE A “CAMPAÑA DE BONOS CONSUMO EN VILABOA” PARA OS VECIÑOS DE VILABOA E OS SECTORES AFECTADOS POLA PANDEMIA
No contexto socioeconómico actual, marcado pola excepcionalidade da pandemia do coronavirus COVID-19 e a conseguinte declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e as súas prórrogas, é vontade do Concello de Vilaboa colaborar no alivio da carga económica da restauración local e fomentar a pronta recuperación das economías locais a través da reactivación da actividade empresarial.
(Pinche para ampliar)
Mercadiño de Nadal
Primeiro mercadiño de Nadal
Praza do Concello
Dende o 22 de nadal ata o 6 de xaneiro
Taboeiro de anúncios
⇒ REPARTO DE COMPOSTEIROS
⇒ PRÉSTAMO DE BIOTRITURADORAS
Contacta con nós !
composteiros@vilaboa.org
986 708 215
Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vinculadas ás Salinas do Ulló
95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.
A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.
A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.
NOVA WEB : https://salinasdoullo.gal/
O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico
O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.
O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.
A axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.
O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.
O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2022 UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A ELABORACIÓN DO “II PLAN DE IGUALDADE DÁ CIDADANÍA DO CONCELLO DE VILABOA” E DIFUSIÓN POR UN IMPORTE DE 4.662,46 EUROS
>> Plan de igualdade
>> Diagnose sociodemográfica de homes e mulleres do concello de Vilaboa
O CONCELLO DE VILABOA RECIBE A RESOLUCIÓN DE CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA FINANCIAMENTO DOS GASTOS DERIVADOS DA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS DE PROXECTOS SUBVENCIONABLES AO ABEIRO DA CONVOCATORIA DO PIREP LOCAL, CONVOCADA NO BOPPO 28/03/22, POR IMPORTE DE 7260 EUROS
O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2021 UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A ELABORACIÓN DO I PLAN DE IGUALDADE DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE VILABOA E PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO LABORAL, SEXUAL E POR RAZÓN DE SEXO E ACOSO DISCRIMINATORIO POR UN IMPORTE DE 4.320,54 euros.
https://vilaboa.gal/igualdade/
O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2022 UNHA SUBVENCIÓN DO PLAN CORRESPONSABLES POR UN IMPORTE DE 6.521,90 euros PARA A REALIZACIÓN DO CAMPAMENTO DE VILAVERÁN DO CONCELLO DE VILABOA”
O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2021 UNHA SUBVENCIÓN DA
DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA AXUDAS DE EMERXENCIA
SOCIAL, POR IMPORTE DE 7.500€ PARA GASTO CORRENTE E 4000€ PARA
GASTOS DE INVERSIÓN
TIPOLOXÍA DAS AXUDAS QUE SE PRESTARON NESTE CONCELLO
• COBERTURA DE GASTOS DE ALIMENTACIÓN , HIXIENE , LIMPIEZA ETC
DAS FAMILIAS EN SITUACIÓN ECONÓMICA VULNERABLE. • PAGO DE DÉBEDAS DE ALUGUER
• ADQUISICIÓN DE ENXOVAL DOMÉSTICO
• ADQUISICIÓN DE LEÑA
• GAFAS
• ADQUISICIÓN DE ELECTRODOMÈSTICOS BÁSICOS
• ADQUISICIÓN DE MOBIIARIABO BÁSICO.