OBXECTO DA SUBVENCIÓN
1.- No contexto socioeconómico actual, marcado pola excepcionalidade da pandemia do coronavirus COVID-19 e a conseguinte declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e as súas prórrogas, é vontade do Concello de Vilaboa colaborar no alivio da carga económica da restauración local e fomentar a pronta recuperación das economías locais a través da reactivación da actividade empresarial.
Por este motivo, o goberno local pon á disposición dos veciños e veciñas do Concello de Vilaboa uns bonos de consumo local para a reactivación económica e social da localidade, que fomentarán o consumo nos establecementos pertencentes o sector da restauración, promovendo a sostibilidade das persoas autónomas e empresas do Concello de Vilaboa.
Do mesmo modo, esta iniciativa pode axudar a fidelizar e captar nova clientela, así como sensibilizar aos cidadáns da importancia de consumir na súa restauración local.
Comentarios recentes