Taboeiro de anúncios,  hemeroteca.

CONFIGURACIÓN LISTA DE RESERVA PARA A SELECCIÓN INTERINA DE POSTO DE LIMPADOR/A.

Bases

Publicación BOPPO.

BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL MEDIANTE CONTRATO FORMATIVO PARA ADQUIRIR PRACTICA PROFESIONAL PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE VILABOA, PROGRAMA +EMPREGA.

Bases

LISTA DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS AO PROCESO DE SELECCIÓN. (Decreto Nº:2024-0933.)

Corrección de erro material do decreto 2024-0933

Anuncio tribunal cualificador, resultados provisionais.

ABERTO O PRAZO PARA ADHERIRSE Á INICIATIVA DE DINAMIZACIÓN DO COMERCIO LOCAL A TRAVÉS DA REDE MOVE, DIRIXIDA A COMERCIOS E HOSTALEIROS.
CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A PERSOAS E ENTIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DO VILABOA – 2024 (DEPORTE FEDERADO).

Anúncio BOPPO – Bases e convocatoria.

Bases reguladoras.

CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS AS ASOCIACIÓNS DO AMBITO VECIÑAL, POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS DURANTE O ANO 2024

Anúncio BOPPO.

Bases reguladoras.

PROGRAMA DE AXUDA ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA EN VIVENDAS NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA-FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA-NEXTGENERATIONEU, PARA O ANO 2024, CON CARÁCTER PLURIANUAL.

Axudas do IGVS, publicadas este mes de xullo.

BASES POLAS QUE SE ESTABLECEN AS NORMAS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL CON CARÁCTER TEMPORAL (PROGRAMAS DE CONTRATACION TEMPORAL PARA A ACTIVACIÓN DO EMPREGO A TRAVÉS DE CONTRATOS PARA A MELLORA DA OCUPABILIDADE E INSERCIÓN LABORAL POLAS ENTIDADES LOCAIS DE PERSOAS DESEMPREGADAS E INSCRITAS NA OFICINA DE EMPREGO) PARA PRESTAR SERVIZOS NO CONCELLO DE VILABOA.

O Concello de Vilaboa obtivo unha axuda da Deputación de Pontevedra para contratación de 7 persoas desempregadas por importe de 109.563,65 para contratos de mellora da ocupabilidade e a inserción laboral.

A solicitude de persoas candidatas farase a través da oficina de emprego de Pontevedra- Bisbarra, tal e como marcan as Bases BOPPO 03/01/2024 Plan + Provincia liña 3 – Activación do emprego 2024, no capítulo III.

Bases

>> Oferta de emprego: 1 Peón forestal

Bases

Lista de persoas admitidas

Normas para o III Mercadiño de Nadal entre os días 22 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, na estrada vella de Paredes.

O Concello de Vilaboa organiza o III Mercadiño de Nadal entre os días 22 de decembro de 2023 e o 7 de xaneiro de 2024, na estrada vella de Paredes, para acompañar ao alumeado de Nadal que organizan os  veciños e veciñas deste barrio.

O Mercadiño de Nadal consistirá nunha carpa que conterá casetas, nas que poder ofertar produtos de agasallo, artesanía, alimentación e outros, por veciños e veciñas ou entidades do Concello de Vilaboa que de xeito voluntario se presten a participar no mesmo e teñan dedicación de xeito profesional ou afeccionado a fabricación e/ou venda de tales produtos.

Para a realización do mercadiño o Concello pon a disposición das persoas que van a ofertar os seus produtos nesta edición 5 casetas de madeira desmontables, con teito impermeable e superficie a ocupar de 5 metros cadrados, dimensións totais de 2.76 metros de frontal, 2.28 metros de fondo e 1.80 metros de altura, con dúas portas frontais que abren totalmente e equipadas con enganche de luz e toma de corrente. A sexta caseta está reservada para que a comisión organizadora do alumeado de Nadal de Paredes poida ofertar alimentos e bebidas quentes ao público que acuda a ver o mercadiño e o alumeado.

O Concello abre dende o día de hoxe o prazo e ata o 24 de novembro, para que as persoas residentes en Vilaboa que realizan algún tipo de traballo artesá poidan optar a unha destas casetas. A inscrición é a través de e-mail, no seguinte enderezo: dinamizacion@vilaboa.org

As casetas préstanse gratuitamente por parte do Concello e, si existira máis demanda de casetas ca oferta existente, se decidirá o seu outorgamento en rigoroso orde de entrada da solicitude. Tamén se ofrecerá a posibilidade de compartir espazos, como nos anos anteriores, procurando non deixar a ninguén que queira acudir ao Mercadiño fora del. Dado que son un total de 16 días os que vai durar o Mercadiño, tamén será posible que algunhas das persoas interesadas poidan facer instalacións puntuais dentro da carpa e fóra das casetas si non se poden comprometer a manter aberta unha caseta durante os 16 días continuados.

O Concello ambientará, con axuda das persoas participantes as casetas e o mercadiño, con iluminación decorativa e música ambiente e fará promoción en redes sociais para favorecer a participación e que as casetas teñan actividade ao longo de todo o tempo que dura o Mercadiño.

É obriga das persoas usuarias das casetas mantelas nas mesmas condicións en que as reciben ata o remate do Mercadiño de Nadal, como segue:

  • A caseta está baleira, sen mobiliario, que deberá ser aportado polas persoas usuarias.
  • A caseta poderá decorarse cos motivos que cada persoa usuaria considere, sempre e cando esta decoración poida quitarse de xeito sinxelo e non altere as condicións da caseta, por este motivo está prohibido empregar puntas ou pegamentos.
  • Unha vez rematado o Mercadiño a caseta terá que ser desaloxada a máis tardar o día 7 de xaneiro, verificando o Concello o estado da caseta.
  • As persoas usuarias que deixen produtos de valor na caseta durante o tempo en que permaneza pechada ou polas noites, son responsables do seu contido.
  • O horario do Mercadiño de Nadal será en días laborais de tarde, e en días festivos e sábados e domingos de mañá e de tarde, a concretar entre o Concello e as persoas adxudicatarias.
  • Durante este horario, si algunha das persoas usuarias non pode atender a caseta que ten asignada en algunha data, deberá avisar cando menos con dous días de antelación para que o Concello poida atopar unha ocupación alternativa para eses días, evitando que as casetas estean baleiras durante o tempo de Mercadiño.
Procesos selectivos das prazas obxecto de estabilización emprego Lei 20/21, BOPPO 27/12/2022

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para traballador/a social.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para limpador/a.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para educador/a familiar.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para conserxe persoal laboral.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas para conserxe funcionario.

>> Relación definitiva de aspirantes admitidas e excluídas para a praza de traballadora social

>> Relación definitiva de aspirantes admitidas e excluídas para a praza de educadora familiar.

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para praza de limpador/a. (5 de abril 2023)

>> Relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas, para praza de operario de servizos múltiples. (5 de abril 2023)

>> Relación definitiva de persoas  admitidas e excluídas, para praza de limpador/a.

>> Nomeamento tribunal prazas limpador/a.

>> Nomeamento tribunal  para praza operario servizos múltiples

>> Resolución de Alcaldía: contratación de educadora familiar como persoal laboral fixo.

>> Resolución de Alcaldía: contratación de traballadora social como persoal laboral fixo.

>> Convocatoria exame operario/a de servizos múltiples

>> Resultado baremación praza operario/a servizos múltiples

>> Anuncio relativo ás prazas de limpadora por concurso

>> Resultado baremación praza de operario/a servizos múltiples concurso-oposición

>> Valoración de reclamación praza de operario/a de servizos múltiples

>> Nomeamento para a contratación de operario/a de servizos múltiples

>> Resolución de Alcaldía:  aprobación da bolsa de traballo de limpador/a.

>> Resolución de Alcaldía declarando a os/as limpiadores/as persoal laboral fixo.

>> Resolución de alcaldia  N2023-0993, nomeamento de tribunais.

>> Resolución de alcaldia  N2023-094, nomeamento de tribunais

>> Expediente: 339/2023: Anuncio resultado de baremación

>> Expediente: 341/2023   Resultado de baremación conserxe funcionario

>> Aprobación da bolsa de conserxe como persoal funcionario

>> Desisgnación menbros do tribulal para praza limpador/a por concurso-oposición

>> Convocatoria proba práctica para o proceso selectivo para a provisión de unha praza de limpador/a, no marco do proceso de estabilización de emprego temporal, polo sistema de concurso-oposición.

Resolución de Alcaldía: Solicitude de ampliación de horario dos locais de hostalaría para a celebración de fin de ano
Auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa.

Con data 11 de xaneiro de 2020 entrou en vigor a Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Dita lei establece na súa Disposición adicional segunda que, todas as administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento á poboación deberán levar a cabo unha auditoría co obxecto de cuantificaren as perdas de auga nas súas instalacións de abastecemento en alta e de subministración en baixa. Igualmente, deberán publicar a porcentaxe de perda de auga na sede electrónica da administración correspondente.

Realizada a Auditoría Municipal do Abastecemento do Concello de Vilaboa, calculouse que, a porcentaxe de perda de auga é do 34,47 %.