Actualidade

Entroido de Cobres 2022
Sábado 26 de Febreiro, domingo 27 de Febreiro, luns 28 de Febreiro (Luns de Maghachos) e Martes 1 de Marzo (MARTES de ENTROIDO)
Probas para obter o graduado en ESO para maiores de 18 anos
MATRICULA: DO 7 ao 17 de MARZO,
DO 1 ao 8 de XULLO
Nos centros educativos que especifica o DOG
Datas dos exames: 20 de maio e 2 de setembro
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220216/AnuncioG0598-070222-0001_gl.pdf

Presentación Entroido de Cobres 2022
Presentación do Entroido de Cobres polas parroquias de Vilaboa.
Sábado 19 e domingo 20 de febreiro.
CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE AXUDAS COVID MEDIANTE A “CAMPAÑA DE BONOS CONSUMO EN VILABOA” PARA OS VECIÑOS DE VILABOA E OS SECTORES AFECTADOS POLA PANDEMIA
No contexto socioeconómico actual, marcado pola excepcionalidade da pandemia do coronavirus COVID-19 e a conseguinte declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e as súas prórrogas, é vontade do Concello de Vilaboa colaborar no alivio da carga económica da restauración local e fomentar a pronta recuperación das economías locais a través da reactivación da actividade empresarial.
(Pinche para ampliar)

Mercadiño de Nadal
Primeiro mercadiño de Nadal
Praza do Concello
Dende o 22 de nadal ata o 6 de xaneiro
Taboeiro de anúncios
⇒ REPARTO DE COMPOSTEIROS
⇒ PRÉSTAMO DE BIOTRITURADORAS
Contacta con nós !
composteiros@vilaboa.org
986 708 215

Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vinculadas ás Salinas do Ulló
95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.
A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.
A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.
O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico
O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.
O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.
A axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.
O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.
O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2021 UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A ELABORACIÓN DO I PLAN DE IGUALDADE DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE VILABOA E PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO LABORAL, SEXUAL E POR RAZÓN DE SEXO E ACOSO DISCRIMINATORIO POR UN IMPORTE DE 4.320,54 euros.
https://vilaboa.gal/igualdade/
O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2021 UNHA SUBVENCIÓN DA
DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA AXUDAS DE EMERXENCIA
SOCIAL, POR IMPORTE DE 7.500€ PARA GASTO CORRENTE E 4000€ PARA
GASTOS DE INVERSIÓN
TIPOLOXÍA DAS AXUDAS QUE SE PRESTARON NESTE CONCELLO
• COBERTURA DE GASTOS DE ALIMENTACIÓN , HIXIENE , LIMPIEZA ETC
DAS FAMILIAS EN SITUACIÓN ECONÓMICA VULNERABLE. • PAGO DE DÉBEDAS DE ALUGUER
• ADQUISICIÓN DE ENXOVAL DOMÉSTICO
• ADQUISICIÓN DE LEÑA
• GAFAS
• ADQUISICIÓN DE ELECTRODOMÈSTICOS BÁSICOS
• ADQUISICIÓN DE MOBIIARIABO BÁSICO.