Actualidade
Axuda ao deporte de Vilaboa BPPO
Publicadas as bases de axuda ao deporte de Vilaboa, axudas que pretenden servir para favorecer o deporte base, apoiar a participación do deporte femenino ou apoiar aqueles deportes minoritarios ou infrarrepresentados.
Estas subvencións están destinadas a deportistas en activo que leven empadronados un mínimo dun ano en Vilaboa e os Clubes debidamente inscritos no Concello De Vilaboa.
>> Ver convocatoria e bases BPPO
Plan Concellos 2022
O Concello de Vilaboa obtivo unha subvención da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2022 con cargo á liña 2 do programa Plan Concellos 2022, obtivo unha contía de 6484 euros para financiar Reparacións e mantemento da antiga Casa do Concello.
Na liña 3, a Deputación Provincial concedeu 116707,56 euros para a contratación de 12 persoas desempregadas durante 6 meses .

XXXVII Festival dos Maios
Domingo 1 de Maio, ás 12:00 horas.
Campo da festa de Bértola.
Convocatoria de axudas a sectores afectados pola situación pandémica
Faise público que mediante Xunta de Goberno Local do Concello de Vilaboa na sesión ordinaria de 10 de marzo de 2022 acordou:
Conceder as subvencións das solicitudes que figuran a continuación:

CAMPAÑA DE BONOS O CONSUMO EN VILABOA
Serán beneficiarias do programa de bonos consumo, as persoas físicas maiores de idade, empadroadas no Concello de Vilaboa, que dispoñan do DNI ou NIE, que soliciten os 2 bonos consumo, un para restaurante e outro para bar/ cafetería e os desconten das súas consumicións no establecementos adheridos ao programa “CAMPAÑA DE BONOS O CONSUMO EN VILABOA”
Taboeiro de anúncios
⇒ REPARTO DE COMPOSTEIROS
⇒ PRÉSTAMO DE BIOTRITURADORAS
Contacta con nós !
composteiros@vilaboa.org
986 708 215

Aprobada a axuda da Consellería do Mar para fomentar o turismo nas paisaxes vinculadas ás Salinas do Ulló
95.378 euros irán destinados ao proxecto presentado polo Concello de Vilaboa a través do GALP Ría de Vigo para fomentar as Salinas do Ulló como recurso turístico. A Consellería do Mar acordou apoiar economicamente esta iniciativa que permitirá desenvolver este proxecto en dous anos.
A proposta contempla a aplicación das novas tecnoloxías á promoción turística, cultural e ambiental deste espazo permitindo que as persoas que queiran visitar esta zona natural conten cun código QR nos seus dispositivos móbiles para recrear toda a contorna e entender o traballo de recollida e procesado de sal que se realizaba nestas instalacións.
A concelleira Carme Gallego, encargada de Promoción Económica, afirma que a recreación é espectacular e recolle as antigas canles e a forma na que se traballaba co sal historicamente.
O Forno da Cal recibirá unha subvención para rehabilitarse e ser activo turístico
O Forno do Cal de Vilaboa converterase nun novo atractivo turístico e nun activo didáctico. Para logralo, porase en marcha un proxecto de rehabilitación con cargo a unha subvención concedida a través do GALP Ría de Pontevedra.
O Forno da Cal é un elemento singular do patrimonio industrial de Vilaboa situado en San Adrián de Cobres e o proxecto inclúe a rehabilitación da estrutura, o acondicionamento do entorno e a posta en valor do mesmo cun orzamento que rolda os 103.000 euros e unha actuación a executar en dúas anualidades.
A axuda ascende a 93.444,90 euros, un 90% do orzamento.
O Concello comezou xa o ano pasado a tramitación dos permisos sectoriais necesarios para a realización da actuación ante Costas, Medio Ambiente e Patrimonio o que axilizará o inicio dos traballos.
O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2021 UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A ELABORACIÓN DO I PLAN DE IGUALDADE DO PERSOAL AO SERVIZO DO CONCELLO DE VILABOA E PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN DO ACOSO LABORAL, SEXUAL E POR RAZÓN DE SEXO E ACOSO DISCRIMINATORIO POR UN IMPORTE DE 4.320,54 euros.
https://vilaboa.gal/igualdade/
O CONCELLO DE VILABOA RECIBIU NO ANO 2021 UNHA SUBVENCIÓN DA
DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA AXUDAS DE EMERXENCIA
SOCIAL, POR IMPORTE DE 7.500€ PARA GASTO CORRENTE E 4000€ PARA
GASTOS DE INVERSIÓN
TIPOLOXÍA DAS AXUDAS QUE SE PRESTARON NESTE CONCELLO
• COBERTURA DE GASTOS DE ALIMENTACIÓN , HIXIENE , LIMPIEZA ETC
DAS FAMILIAS EN SITUACIÓN ECONÓMICA VULNERABLE. • PAGO DE DÉBEDAS DE ALUGUER
• ADQUISICIÓN DE ENXOVAL DOMÉSTICO
• ADQUISICIÓN DE LEÑA
• GAFAS
• ADQUISICIÓN DE ELECTRODOMÈSTICOS BÁSICOS
• ADQUISICIÓN DE MOBIIARIABO BÁSICO.